Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O aire que nos rodea 2020-21

O ser humano coas súas actividades altera e modifica os ciclos da Terra. Polas nosas accións, en moitos casos, as consecuencias son unha elevada contaminación nas capas altas que repercute consecuentemente na nosa saúde. Nisto xogan un papel determinante e singularmente crítico as cidades.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO

Obxecto:

  • Axudarlles aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización polos problemas e o coidado da atmosfera.
  • Conseguir que teñan interese pola súa contorna e a motivación necesaria para participar de maneira activa no coidado da súa contorna.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver os problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica.
  • Revelarlles a importancia que ten a contaminación acústica e coñecer como esta inflúe decisivamente na súa calidade de vida.

Cando falamos de contaminación "atmosférica", ¿que significa? O primeiro no que todos pensamos é na "contaminación do aire", é dicir, cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos, aparición de choiva aceda, destrución da capa de ozono, efecto invernadoiro, etc. Con este pensamento descoidamos, por exemplo, ao ruído, que é un dos axentes contaminantes máis importantes, a denominada "contaminación acústica".

ESTRUTURA

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo. Coloquio con apoio audiovisual na aula. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre:
    • "A contaminación atmosférica: quen a xera e como pode minimizarse". 5º e 6º de EP.
    • "A contaminación acústica: quen a xera e como pode minimizarse". 1º e 2º de ESO.
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre:
    • "Indicadores da calidade do aire". 5º e 6º de EP.
    • "Elaborar un mapa acústico: comparacións entre un espazo non degradado e un espazo ruidoso". 1º e 2º de ESO.
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. A elixir entre:
    • "O sistema de control do aire da Coruña (Parque de Santa Margarita)". 5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO.
    • "Instalacións da AEMet na Coruña". 5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO.

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión