Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Ensaios xerais abertos

O alumnado asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se realizan o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Os ensaios xerais abertos están ofertados ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Prazas limitadas máximo: 500 alumnos/as

Horario:

Levarase a cabo ás 10:00 h

Dado que esta actividade se encadra dentro da actividade profesional habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, o horario de comezo da actividade pódese ver atrasado en función das necesidades musicais da agrupación.

A duración estimada destes ensaios é de 50 minutos.

Condicións do programa

Adxudicación

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de capacidade.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaráselles aos centros mediante o correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o seu calendario, así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez empezado o programa correspóndelle ao Departamento Didáctico da OSG.

Desenvolvemento do programa

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante o correo electrónico ou fax) antes do 6 de novembro da presenza ou ausencia a cada un dos ensaios adxudicados, ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberalle comunicar a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as do comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos/as con, polo menos, 15 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Ficha de solicitude específica "Son futuro"

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Contacto:

Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico

Palacio da Ópera. Glorieta de América, 3. CP. 15004

Tel.: 981 25 20 21

Fax: 981 27 74 99

didacticos@sinfonicadegalicia.com

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión