Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Falamos 2020-21

Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. 

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Esta actividade está dirixida ao alumnado de primaria dos CEIP da cidade. Se non se cubriren as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar centros de fóra da cidade. Cada aula participante deberá estar acompañada mínimo por unha persoa responsable do centro.

Obxecto:

Os obxectivos do Falamos son os seguintes:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

Ímoslles ofrecer aos CEIP:

  • 7 pases escolares de "Radio Bulebule", de Paco Nogueiras. Cada actividade durará aproximadamente 60 min e será gratuíta.
  • 7 pases escolares de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Cada actividade durará aproximadamente 35-40 min e será gratuíta.

Espectáculo

Nivel

Datas

Hora

Capacidade

Lugar

Radio Bulebule

2.º, 3.º e 4.º  de primaria

23, 25, 26 e 27 de marzo

Día 23: 12.00 h

Días 25, 26 e 27 ás 10.00 e ás 12.00 h

200 por pase

Auditorio do Centro Cívico dos Mallos

Uxía Lambona e a Banda Molona

1.º, 2.º e 3.º de primaria

25, 27, 28 e 29 de maio

Día 25: 12.00 h

Días 27, 28 e 29 ás 10.00 e ás 12.00 h

200 por pase 

Auditorio do Centro Cívico dos Mallos

Cando:

Dende o 23/03/2020 ata o 29/05/2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/03/2020 ata o 20/03/2020

Para participar nesta actividade, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a inscricionslingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Teléfono do centro, nome e mais teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado e sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubriren as prazas ofertadas, o martes 17 de marzo abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.

Contacto:

Centro Ágora, lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310

lingua@coruna.es

Persoa coordinadora do programa: Nuria Seoane Bouzas

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión