Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Fauna de aquí e de alá 2020-21

A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenencia responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.

¿Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? ¿Estamos dispostos a asumir estas obrigacións legais e éticas para con elas?

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; 1º e 2º de BACH; FP

Obxecto:

  • Coñecer e valorar as obrigas, compromisos e satisfaccións da tenza responsable como mellor forma de previr os malos tratos animais
  • Coñecer a existencia e o funcionamento do Servizo de Recollida e Adopción de Animais Domésticos e da Canceira Municipal de Bens
  • Coñecer a dimensión social dos problemas que as mascotas poden causar na convivencia cidadá e a forma de previlos
  • Coñecer a variedade de especies animais dispoñibles no mercado de mascotas e as súas implicacións na conservación da biodiversidade
  • Coñecer unha serie de pautas básicas de comportamento para relacionarse cos cans na cidade

ESTRUTURA

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
  • Actividades na aula. Xogo "A gran viaxe dos animais domésticos". Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
  • Visita guiada á Canceira Municipal de Bens. Duración aproximada: 90 minutos. ESO, BACH e FP.

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión