Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Idiomas do mundo

O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4º de ESO e 1º de BACH, residente na Coruña.

Anual

Prezo / Custo:

Tipos de bolsas

  • Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00€ anuais de renda per cáPita
  • Bolsa parcial. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que superen os 9 000,00€ anuais de renda perPita cá . As familias asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do custo total da praza, calulado en función da súa renda

Obxecto:

O programa permitirá ao alumnado a súa participación nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.

Destinos e prazas

60 prazas:

  • Irlanda, 37 prazas
  • Francia, 10 prazas
  • Portugal, 10 prazas
  • Alemaña ou Austria, 3 prazas

Requisitos

  • Constar empadroada no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, desde o 1 de setembro de 2019
  • Estas cursando, no réxime xeral, 4º de ESO ou 1º de Bachillerado no curso 2019/20
  • Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben (6) en 3º ou 4º de ESO e non ter ningunha materia suspensa
  • Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben (6) en 3º ou 4º de ESO nas lingua/as estranjera/s para as que se solicite o programa (inglés, francés/inglés/portugués ou galego). No caso de estar a cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a cualificación obtida nela. Para o caso de portugués, de non estar a cursar nesta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura do curso anterior
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), o número de identidade do estranjero (en diante, NIE) e o pasaporte.
  • Non ser beneficioario no ano 2019 do programa "Idiomas do mundo 2019" nin do "Junior Year 2019/2020"
  • As persoas que necesiten visado para realizar estadías no país para o que solicitan o destino deberán dispoñer do mesmo cando menos 15 días antes do inicio da viaxe. A tramitación e obtención do visado é responsabilidade da persoa solicitante

Documentación a presentar

  • Fotocopia do DOI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos seus pais ou representantes legais
  • Copia do resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña (PDF enviado ao correo electrónico unha vez realizada a inscrición). Importante: deberá estar asinada pola persoa solicitante e, en caso de menores, pola persoa que teña a patria potestade ou tutela
  • Certificado de empadroamento do solicitante no que figure co pai/nai ou representante legal. Non será necesaria a presentación do documento cando se autorice ao Concello para a consulta dos datos no padrón municipal
  • Certificado das cualificaciones correspondentes a 3º ou 4º de ESO do curso académico 2018-19. No caso de estar a cursar algún idioma na Escola Oficial de Idiomas deberá entregarse certificado de nota ou titulación B1
  • Certificado emitido polo centro educativo de estar a cursar 4º de ESO ou 1º de Bacharelato no que figure o nome da persoa solicitante, datos do centro e curso
  • Se fose o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo competente na materia acreditativo do grao de minusvalía do alumno/a
  • No caso de non autorizarse a consulta de datos tributarios, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2018, emitidas e datadas nos meses de setembro, ou posterior, de 2018. As persoas que forman parte de unidades familiares non obrigadas a declarar ou das que as administracións tributarias non dispoñen de datos, deberán entregar unha certificación expedida pola AEAT acreditativa desta situación
  • No suposto de familias monoparentais, entregarase a certificación de quen teña atribuída legalmente a garda e custodia da persoa participante. Para estes efectos considérase "familia monoparental" a formada por nai ou pai solteira/ou, ou por nai ou pai en situación de separación legal, divorcio, nulidade ou viudez. Non se considerará familia monoparental aquela en a que teña acordada custodia compartida
  • A condición de familia monoparental acreditarase mediante fotocopioa compulsada do libro de familia e/ou resolución xudicial de separación, divorcio, nulidade ou adopción de medidas paterno-filiais, onde figure a contía das pensións d ealimentos establecida en favor dos menores integrantes da unidade familiar
  • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá entregarse, xunto coa resolución xudicial máis recente que a estableza, unha declaración responsable (anexo I) do/a proxenitor/a custodio/a indicando a contía percibida por tal concepto no ano 2018
  • No caso de que exista incumprimento total ou parcial do abono da pensión deberá xuntarse copia de admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada
  • Nos casos en que, existindo dereito a solicitar pensión de alimentos, non se acredite a súa solicitude ou a contía da mesma, non se obterán puntos no apartado de ingresos económicos familiares

Servizos incluídos no programa

  • Cando menos, unha xornada informativa, de preparación específica, para o alumnado participalente no programa
  • Manual do estudante
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata o destino adignado a cada alumna/ou participante. No seu caso, incluirase no prezo do billete a facturación dunha maleta. En lestes viaxes, o alumnado estará acompañado por monitoras/monitores.
  • Estancia no país de destino durante o período corespondiente á estadía, vivindo en familia en réxime de pensión completa. O domicilio da familia non poderá estar a unha distancia (medida en teimpo de desprazamento) superior a 50 minutos en transporte público respecto diso do centro de estudos. No caso de que o domicilio estea situado a máis de 2 quilómetros do centro de estudos, facilitarase opción de transporte público entre o domicilio e o centro de estudos, sen custo para o/a participante
  • Clases intensivas do idioma correspondente no país de destino (acordes ao nivel previo do/a alumno/a); un mínimo de 15 horas semanais entre luns e vienres, menos festivos. O profesorado será nativo ou terá acreditado un nivel C2 do MCERL. O máximo de alumnas/alumnos por grupo será de 15
  • Material escolar para as clases
  • Actividades culturais e lúdicas: un mínimo de dous semanais
  • Seguimento e control, por persoal especializado, da vida do/a alumno/a en a familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académido no centro, así como da súa vida social
  • Realización de proba oficial acreditativa do nivel alcanzado consonante ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)
  • Seguro de responsabilidade civil para as/os participanete, cun importe global de 45 000,00 €

Cando:

Dende o 22/06/2020 ata o 03/08/2020

4 semanas de duración , preferentemente durante o mes de xullo de 2020

Inscricións:

Dende o 17/02/2020 ata o 06/03/2020

Inscrición alumnado

A inscrición realizarase a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2020".

As persoas interesadas deberán inscribirse en liña na web municipal www www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2020". Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

T: 981 184 200

educacion@coruna.es

Documentos:

Bases BOP IDM20 (119 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión