Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Residuos urbanos na Coruña 2020-21

Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º a 6.º de EP e de 1.º a 4.º de ESO

De outubro do 2018 a xuño do 2019

Obxecto:

  • Dar a coñecer o Plan de tratamento dos residuos urbanos do Concello da Coruña
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas vantaxes e desvantaxes
  • Modificar as actitudes persoais para unha mellora do comportamento cívico ante os residuos
  • Motivar a poboación escolar para que participe activamente no plan de recuperación e posta en valor dos residuos: desde a recollida selectiva e a separación en orixe, ata o coñecemento dos produtos reciclados

No Plan de tratamento de residuos urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe (recollida selectiva) que permite unha mellor integración dos residuos en procesos de reciclaxe e compostaxe. Esta alternativa fundaméntase nunha activa participación cidadá. A veciñanza debe estar constantemente informada tanto do sistema que se escolle para a eliminación de residuos, como das vantaxes que este supón. A importancia do seu papel persoal e colectivo neste esforzo común é a pedra troncal do sistema municipal.

ESTRUTURA

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula cun coloquio. Para elixir entre: a) O valor dos residuos (De 1.º a 4.º de EP) b) Os residuos urbanos na Coruña (5.º e 6.º de EP, ESO). 60 min
  • Taller na aula: para elixir entre: a) Outra vida aos residuos (De 1.º a 4.º de EP) b) Separa e gana (5.º e 6.º de EP, ESO) c) O destino dos residuos (3.º e 4.º ESO). 60 min
  • Itinerario/visita guiada: para elixir entre: a) Bens e punto limpo (De 1.º a 4.º de EP) 90 min. b) Planta de tratamento e residuos de Nostián (5.º e 6.º de EP, ESO). 120 min

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: a programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só se realizará acordada coas persoas destinatarias; que serían consultadas coa debida antelación.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión