Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Visitas escolares Coruña de aventura

Visitas a diversas entidades da cidade e percorridos guiados para alumnado de centros educativos en horario escolar

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil, primaria, secundaria e especial, en función dos requisitos das visitas.

Respectarase o número máximo de alumnado previsto en cada visita, para garantir tanto a seguridade como que se poidan ver os procesos e escoitar as explicacións con claridade.

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

  • As visitas son gratuítas.
  • Cada centro poderá solicitar unha única visita ou itinerario por grupo-clase.
  • Non se poderá solicitar a mesma visita ou percorrido para máis dun nivel por centro. Valoraranse as excepcións motivadas.
  • O programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • O Servizo Municipal de Educación (SME en diantte) asigna as visitas (ver proceso de asignación) tendo en conta as condicións que indica a empresa e na medida dos posible as preferencias dos centros.
  • Unha vez que os centros teñen asignadas as datas definitivas débense poñer en contacto coa entidade (como máis tardar nas 48 horas anteriores a que se realice a actividade) para confirmar a visita e aclarar e/ou acordar calquera cuestión de interese.
  • A aplicación coa que xestionamos o programa envíalles aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada un das actividades.
  • Importante: no caso de que se anule ou cambie a data asignada como definitiva entre a entidade e o centro sempre se lle debe comunicar esta cuestión ao Servizo Municipal de Educación. No caso de que non se realice esta comunicación en prazo, o SME non asumirá ningunha responsabilidade nin correrá cos cargos que se xeren co cambio de datas (ex: non dispoñibilidade de transporte para a nova data.)

Proceso de asignación das visitas

  • O SME abre un prazo do 9 de setembro ao 4 de outubro para solicitar as visitas a través da ficha específica do programa.
  • O SME adxudica provisionalmente as visitas e o 18 de novembro envíalles (a través da aplicación do programa) ao centro e á persoa rexistrada como coordinadora un correo coas datas asignadas.
  • Os centros teñen ata o 2 de decembro para comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas, en caso de non facelo as datas provisionais enténdense que son adecuadas e pasarán a definitivas.
  • O SME asignará novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data provisional e unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro pasarán a definitivas.
  • O 12 de decembro enviarémoslles a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.

Servizo de transporte

  • O transporte é gratuíto para as Escolas Infantís Municipais e os CEIP da cidade.
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario pódese axustar en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Visitas e percorridos que se ofertan

    • Abastecemento de auga
    • Arquivo do Reino de Galicia
    • Biblioteca pública González Garcés
    • Bombeiros
    • Bonilla, a alimentación
    • Casa Museo Emilia Pardo Bazán
    • Castelo de San Antón
    • Castro de Elviña
    • Central Térmica
    • Cidade Medieval
    • CMIX
    • Coñece o bus urbano da túa cidade
    • Coñece o teu supermercado Gadis
    • Cruz Vermella Xuventude
    • Experiencia Coca-cola
    • Fabricación de eléctrodos de grafito: Showa Denko Carbon
    • Fundación Luis Seoane
    • Hipermercado Alcampo
    • Industria Capintería de aluminio: Aluman
    • A tenda de Antón
    • La voz de Galicia
    • Museo de Arte Sacra e Colexiata de Santa María
    • Museo de Belas Artes
    • Museo Militar da Coruña
    • Os nosos valores: escolas 110% branquiazuis
    • Oficina Central Loxística Gadisa
    • Policía Nacional e Museo
    • Porto da Coruña
    • Radio Nacional de España
    • Torre de Hércules
    • Un día en capitanía

Cando:

Dende o 15/01/2020 ata o 19/06/2020

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara Bilbao // Ana Paz Pérez

Tel.: 981 184 200 ext. 12047 // 12027

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?