Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Un proxecto da EIM Monte Alto, referente de boas prácticas en igualdade e a violencia de xénero

Cando:

7 de xuño de 2019

"Maletas viaxeiras pola igualdade de xénero" foi incluído na Guía de Boas Prácticas no ámbito da igualdade e a violencia de xénero da Deputación da Coruña, publicado no mes de maio

Maletas viaxeiras pola igualdade de xénero é unha experiencia que se está realizando desde hai tres anos na nosa escola. Esta iniciativa que realizamos coas familias foi incluída na Guía de Boas Prácticas no ámbito da igualdade e a violencia de xénero (páxinas 27 a 29) da Deputación da Coruña, publicado no mes de maio de 2019.

Con este proxecto, desde a escola pretendemos facer e facernos reflexionar sobras as actuacións, linguaxes e emocións que as persoas adultas acompañantes dos nenos e das nenas, tanto na casa como na escola, transmitimos en relación á igualdade de xénero. Convidámosvos a consultar esta guía que recolle un breve detalle desta experiencia, xunto con outras que a nivel provincial ese stán a realizar. Agradecemos a complicidade e o apoio das familias da escola nas propostas e accións que levamos á práctica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión