Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Proceso de admisión na REIM

Cartel Proceso Admisión

As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en adiante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (en adiante REIM) do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

O Concello da Coruña é titular da rede de escolas infantís municipais composta por 9 centros que ofertan en total 829 prazas.

A adxudicación de prazas regularase por estas instrucións, polas bases aprobadas en Xunta de Goberno Local (07/03/2019) para regular o proceso de admisión na rede de escolas infantís municipais e polo Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014)

SOLICITUDE

SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZA

Os/as menores escolarizados/as na REIM terán dereito preferente á renovación da praza na súa escola nas datas que se indiquen, sempre e cando estean ao día no pagamento das tarifas mensuais.

Ademais, poderase solicitar praza noutra escola da REIM, sempre que se cumpra co requisito anterior e se teña un/unha irmán/a na escola solicitada e, en caso de ser un/unha menor con NEAE, non haxa outro/a na unidade en que se solicite ingresar.

As familias presentarán na secretaría da escola a seguinte documentación:

  • Modelo de ficha de reserva de praza facilitada na escola (anexo I).
  • No caso de non se autorizar na ficha de reserva de praza a consulta dos datos do padrón e/ou datos tributarios, terase que achegar o volante de empadroamento e/ou certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ao ano 2017.

SOLICITUDES PARA NOVOS INGRESOS

Unha vez cubertas as prazas anteriores, adxudicaranse as prazas correspondentes aos/as fillos/as do persoal da escola, sempre que cumpran os requisitos de acceso establecidos.

A continuación abrirase o período para solicitar praza para os novos ingresos, previa publicación das prazas dispoñibles para o curso 2019-2020.

As solicitudes para novos ingresos están dirixidas a menores nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019.

As solicitudes de novo ingreso cubriranse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020". Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo facilitado no momento de facer a solicitude. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola no prazo de presentación de solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola.

As persoas que constan como proxenitoras ou titoras legais presentarán unha única solicitude nunha das dús escolas que elixan na ficha específica de solicitude.. Solo se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da solicitude implica a aceptación das instruccións da convocatoria.

PRAZAS DE URXENCIA SOCIAL

Enténdense por prazas de urxencia social aquelas que afectan ás seguintes situacións:

  • Menores tutelados pola Administración autonómica.
  • Fillas e fillos de mulleres que se encontren en casas de acollida ou vítimas de violencia de xénero.
  • Menores que se atopen en circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata, tras informe dos Servizos Sociais do Concello ou do departamento da Administración autonómica competente na materia.

Poderán acceder a estas prazas na REIM aquelas solicitudes dirixidas á Dirección dunha escola ou ao SME e presentadas polos Servizos Sociais do Concello ou por outro departamento competente para a Administración autonómica.

Estas solicitudes poderán presentarse en calquera momento ao longo do curso escolar e Terán preferencia no caso da existencia dunha vacante.

REQUISITOS E CRITERIOS

REQUISITOS DE ACCESO

Poderán solicitar praza nas escolas infantís municipais os/as proxenitores/as ou titores/as legais dos menores que teñan, como mínimo, cumpridos os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non teñan cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2019.

Poderase flexibilizar este requisito para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase ante a Comisión de Escolarización un informe do Equipo de Orientación Específico ou outra entidade pública especializada, en que se certifique oficialmente a discapacidade, acompañada dun informe da Dirección da escola en que se valore se os recursos estruturais, materiais e humanos de que dispón son os adecuados para a educación e atención do/a menor.

CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DE NOVO INGRESO

Unha vez rematado o prazo de solicitude e feita a baremación das mesmas, a adxudicación de prazas se realizará en base aos seguintes criterios de prioridade:

En primeiro lugar, terán preferencia para obter praza os/as menores que acrediten vivir empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores ou representantes legais con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.

En segundo lugar, e se existisen vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores ou representantes legais con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita praza.

En terceiro lugar, e se existiren vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as noutros concellos, sempre que algún dos seus proxenitores ou representantes legais traballe nunha entidade pública ou privada situada no termo municipal do Concello.

En cuarto lugar, e se existisen prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros concellos.

As persoas que figuren como proxenitores/as ou titores/as legais no caso de non autorizar, na ficha de solicitude de praza, a consulta dos datos do padrón e/ou datos tributarios, terán que achegar o volante de empadroamento e/ou certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ao ano 2017.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Renda anual da unidade familiar até un máximo de 4 puntos. A puntuación asignarase tomando como referencia o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) do ano 2017 (7.519,59 €/ano).

TRAMOS IPREM PUNTUACIÓN
Inferior ao 100% do IPREM (inferior a 7.519,58 €) 4.00 puntos
Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM (entre 7.519,59 € e 9.399,48 €) 3.75 puntos
Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM (entre 9.399,49 € e 11.279,38 €) 3.50 puntos
Entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM (entre 11.279,39 € e 13.159,27 €) 3.25 puntos
Entre o 175% e inferior ao 200% do IPREM (entre 13.159,28 € e 15.039,17 €) 3.00 puntos
Entre o 200% e inferior ao 225% do IPREM (entre 15.039,18 € e 16.919,07 €) 2.75 puntos
Entre o 225% e inferior ao 250% do IPREM (entre 16.919,08 € e 18.798,97 €) 2.50 puntos
Entre o 250% e inferior ao 275% do IPREM (entre 18.798,98 € e 20.678,86 €) 2.00 puntos
Entre o 275% e inferior ao 300% do IPREM (entre 20.678,87 € e 22.558,76 €) 1.50 puntos
Entre o 300% e inferior ao 325% do IPREM (entre 22.558,77 € e 24.438,66 €) 1.00 puntos
Entre o 325% e inferior ao 350% do IPREM (entre 24.438,67 € e 26.318,56 €) 0.50 puntos
Superior ao 350% do IPREM (superior a 26.318,57 €) 0.00 puntos

A renda familiar calcularase tomando o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas de cada un dos seus membros do exercicio fiscal correspondente ao ano 2017, calculadas por agregación da base impoñible xeral (cadro 415) coa base impoñible do aforro (cadro 435) , segundo os criterios estabelecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

No caso de unidades familiares formadas por unha soa persoa proxenitora (familias monoparentais), incrementarase o número real de membros que a compoñen nun 0,8.

Enténdese por familia monoparental, a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e os fillos ou fillas menores ao seu cargo sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento (artigo 13 da Lei 3/2011 de apoio á familia e á convivencia de Galicia).

É obrigación e responsabilidade das familias estar ao corrente dos seus datos fiscais ante a Axencia Tributaria.

Non se terán en conta os datos das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na AEAT, obtendo neste apartado 0 puntos.

No caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios obterase 0 puntos no apartado de renda.

Poderá establecerse unha comisión de valoración para estudar todas aquelas situacións económicas e familiares que non poidan acreditarse documentalmente.

Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente -así como as persoas unidas por análoga relación de afectividade- ou a formada por unha soa persoa proxenitora máis:

  • As/os fillas/os menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
  • As/os fillas/os maiores de idade que residan no domicilio e dependan economicamente dos proxenitores e se atopen nalgún destes supostos:
    • Incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
    • Que estean cursando estudos, mesmo no caso de que, por razón deles, residan durante o curso noutra localidade.
    • Que teñan recoñecido un grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
  • As/os menores en situación de acollemento familiar.

No caso de proxenitores separados ou divorciados enténdese por unidade familiar a formada polo/a solicitante máis o/a proxenitor/a que teña a garda e custodia e, se os houber, os/as irmáns/ás que se acollan ao apartado anterior e que convivan no domicilio familiar e consten rexistrados no padrón.

Estas situacións comprobaranse mediante o padrón e os datos tributarios correspondentes.

Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual, fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2017, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica (declaración actualizada do IRPF, certificado emitido pola AEAT...). Tamén se poderá tomar en consideración, polo SME, outras circunstancias que modifiquen de xeito significativo a capacidade económica e familiar.A situación sociofamiliar puntuarase até un máximo de 3 puntos e asignarase do seguinte xeito:

SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR PUNTUACIÓN
Recoñecemento da situación de discapacidade do/a menor solicitante (mínimo 33%) 3 puntos
Condición de familia numerosa 3 puntos
Irmáns/ás solicitando praza simultáneamente 3 puntos
Primer irmán/á con praza renovada na REIM 3 puntos
Por cada membro da unidade familiar 2 puntos
Condición de familia monoparental 2 puntos
Por cada membro da unidade familiar con recoñecemento por discapacidade que non sexa o/a menor para o/a que se solicita a praza (mínimo 33%) 2 puntos
Por cada un dos irmáns/ás seguintes con praza renovada na REIM 1 punto

Situación laboral até un máximo de 4 puntos e asignarase do seguinte xeito:

SITUACIÓN LABORAL PUNTUACIÓN
Ocupación do/a proxenitor/a 1 (mínimo 4 horas diarias) 4 puntos
Ocupación do/a proxenitor/a 2 (mínimo 4 horas diarias) 4 puntos
Situación laboral de desemprego do/a proxenitor/a 1 2 puntos
Situación laboral de desemprego do/a proxenitor/a 2 2 puntos

Neste apartado, no caso de familia monoparental a puntuación correspondente adxudicaráse multiplicada por dous.

CRITERIOS DE DESEMPATE

Aplicaranse os seguintes criterios de desempate na seguinte orde de preferencia:

ORDE SITUACIÓN
Maior puntuación por irmáns/ás nas escolas da REIM (con praza renovada)
Presentación da solicitude de praza para máis dun/unha irmán/á no mesmo curso escolar
Recoñecemento da situación de discapacidade do/a menor solicitante
Situación laboral de ocupación de ambos proxenitores ou titores así como do pai ou nai no caso de familia monoparental
Puntuación por outros membros a cargo da unidade familiar
Recoñecemento da situación de discapacidade doutro membro da unidade familiar
Maior puntuación por renda
Sorteo de letra (Primeiro apelido: EC. Segundo apelido: UP)

CALENDARIO

O proceso de admisión terá lugar nas seguintes datas:

  • Reserva de praza: do 25 de marzo ao 3 de abril de 2019 (ambas datas incluídas).
  • Publicación das prazas vacantes: 9 de abril.
  • Prazo de solicitude para novos ingresos: do 10 ata o 30 de abril de 2019 (ambas datas incluídas).
  • Consellos escolares: 6 e 7 de maio. Comisión de escolarización: 8 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais:14 de maio.
  • Prazo de reclamacións: desde o 15 ata o 29 de maio. Durante o período de reclamacións, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación das listas definitivas.
  • Rematado o prazo de reclamacións, se houber modificacións nas listaxes éstas deberán aprobarse en consello escolar o día 30 de maio e posteriormente na comisión de escolarización o día 31 de maio.
  • Publicación das listaxes definitivas e listaxes de agarda: 3 de xuño.
  • Prazo de matrícula: desde o 3 ata o 14 de xuño (ambas datas incluídas).
  • Prazo extraordinario de solicitudes: desde o 17 ao 21 de xuño.
  • Comenzo do curso escolar 2019-2020: 4 de setembro de 2019.

DOCUMENTACIÓN

A documentación que se relaciona a continuación presentarase nunha das dúas escolas que elixan na ficha específica de solicitude (formato en liña). Só poderase solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da documentación e da solicitude, realizarase en horario de secretaría da escola, este horario entendese como válido para o día de inicio e o día de peche do prazo.(ver anexo I).

A relación de documentación obrigatoria é a seguinte:

  • Impreso de solicitude de praza (Anexo II)
    • As solicitudes de novo ingreso cubriranse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020". Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo facilitado no momento de facer a solicitude. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola, dentro do prazo de presentación de solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola.
  • Fotocopia do documento acreditativo da identidade (DNI, pasaporte, NIE...) de ambos proxenitores ou titores legais con patria potestade ou tutela sobre o/a menor.
  • Fotocopia do Libro de familia ou documento que o substitúa legalmente.

Esta documentación obrigatoria de non se presentar no prazo de solicitude poderá emendar a falta no prazo de reclamacións, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición.

A relación de documentación opcional para acreditar situacións específicas é:

  • Recoñecemento da situación de discapacidade: fotocopia do certificado expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia (ou equivalentes doutras administracións).
  • Situación laboral das persoa proxenitoras ou titoras legais. No caso de persoas traballadoras por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa actualizados no mes de abril. A información que debe conter o certificado de empresa axustarase ao modelo do anexo III.
  • Situación laboral das persoa proxenitoras ou titoras legais. No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores/as por conta propia ou da correspondente mutualidade.
  • Nos casos de baixas maternais ou excedencias de traballo: presentarase xustificante da Seguridade Social ou certificado da empresa con indicación da data de incorporación que deberá ser anterior ao 1 de outubro.
  • A situación de desemprego acreditarase coa certificación de ser demandante de emprego con efectos desde o mes de abril.
  • A condición de familia numerosa acreditarase coa fotocopia do título de familia numerosa actualizado.
  • No caso de separación/divorcio ou familia monoparental: copia da sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais. Nos casos de acollemento familiar presentarase copia da resolución administrativa.

A non presentación desta documentación en prazo, suporá a renuncia implícita á valoración no apartado correspondente en base ao baremo establecido.

Unha vez pechado o prazo de solicitude non se admitirán documentos que supoñan unha alegación de novos méritos.

MATRÍCULA

MATRÍCULA

As persoas que obteñan praza formalizarán a matrícula no prazo establecido desde o 3 ata o 14 de xuño (ambas datas incluídas). Presentarán o impreso de matrícula debidamente cuberto (éste facilitarase na escola) xunto coa seguinte documentación: fotocopia da cartilla sanitaria, certificado médico que recolla o cumprimento do calendario de vacinas e calquera outra documentación que a escola requira. Ver impreso de matrícula en Anexo IV

PRAZO EXTRAORDINARIO

Unha vez finalizado o prazo formal de matrícula, abriráse un prazo extraordinario desde o 17 ata o 21 de xuño para recoller novas solicitudes.

A valoración destas solicitudes farase no momento en que se produza unha vacante nalgún dos grupos de idade e a lista de espera formal, derivada do proceso de admisión 2019-2020, estea esgotada.

As familias solicitantes neste prazo extarordinario presentarán a mesma documentación que se recolle no apartado anterior de documentación (puntos 52 e 54). Esta documentación estará actualizada e entregarase no momento que a escola lle comunique a existencia dunha vacante. Establecerase un prazo máximo de 3 días hábiles para presentar a documentación a partir do día seguinte da comunicación por parte da escola.

Unha vez que as familias presentan a documentación, procédese a baremar en base aos criterios establecidos para o proceso de admisión 2019-2020.

Finalizada a valoración, a escola publicará unha lista coas puntuacións obtidas polas persoas solicitantes no prazo extarordinario.

Esta lista utilizarase para cubrir vacantes posteriores e non poderá incorporar novas solicitudes. Unha vez esgotada, iniciarase outro proceso similar coas solicitudes recollidas con data posterior á publicación desta primeira lista de prazo extaraordinario.

As familias ou representantes legais poderán presentar unha solicitude no momento en que o/a neno ou nena nace. Neste caso, a solicitude non se pode baremar, nin se terá en conta ata que o/a solicitante cumpra o requisito de ter 3 meses de idade. Nestes casos, a antigüidade no padrón municipal tomarase como referencia a data de rexisto dos proxenitores.

Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas.

TARIFAS

TARIFAS DE ATENCIÓN EDUCATIVA E SERVIZO DE ORIENTACIÓN

1.   As tarifas establecidas para o curso 2019-2020 foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o 2 de xuño de 2017. Éstas son:

TARIFA CUSTO INGRESOS
Tarifa 0 0 €/mes Familias que cumpran os requisitos do artigo 27.6 e 27.7 do regulamento)
Tarifa 1 5 €/mes Familias con ingresos per cápita < 50% IPREM
Tarifa 2 20 €/mes Familias con ingresos per cápita > 50% - <75%IPREM>
Tarifa 3 40 €/mes Familias con ingresos per cápita > 75% - <100%IPREM
Tarifa 4 60 €/mes Familias con ingresos per cápita > 100% - <125%IPREM
Tarifa 5 80 €/mes Familias con ingresos per cápita > 125% - <150%IPREM
Tarifa 6 95 €/mes Familias con ingresos per cápita > 150% - <200%IPREM
Tarifa 7 105 €/mes Familias con ingresos per cápita > 200% IPREM

A renda per cápita familiar calcularase do seguinte xeito, tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas de cada un dos seus membros do exercicio fiscal correspondente ao ano 2017, calculadas por agregación da base impoñible xeral (cadro 415) coa base impoñible do aforro (cadro 435), segundo os criterios estabelecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe anterior dividirase polo número de membros computábeis da unidade familiar. No caso de unidades familiares formadas por unha soa persoa proxenitora (familias monoparentais) incrementarase o número real de membros que a compoñen nun 0,8.

Entenderase por unidade familiar o recollido no punto 31 desta  instrución.

Os/as menores non empadroados/as no Concello da Coruña asumirán o custo total da praza escolar, sen reducións de tarifa.

TARIFAS COMPLEMENTARIAS

As tarifas complementarias, aprobadas en XGL o 2 de xuño de 2017, son:

SERVIZO CUSTO
Comedor 80 €/ mes
Almorzo 14 €/mes
Merenda 23 €/mes
Ampliación de xornada 15 €/ mes (por cada hora de ampliación)

ENDEREZOS E HORARIOS DO CURSO 2019/2020

R.E.I.M. HORARIOS

E.I.M. A CARACOLA - Zona Novo Mesoiro -

R/ Illas Cíes, s/n. 15190 A Coruña

Tfno: 881 89 51 76

E-mail: eicaracola@edu.coruna.es

https://www.facebook.com/EscolaACaracola

Secretaría: luns a xoves de 9:30 a 13:30 h / venres de 09:30 a 15:30 h.

Apertura do centro: de 8:00 a 16:00 h

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 8:00 a 15:00 h

E.I.M. ARELA - Zona 2ª fase Elviña -

Avda. de Oleiros, s/n. 15008 A Coruña

Tfno e Fax: 981 23 77 17

E-mail: eiarela@edu.coruna.es

www.eiarela.com

Secretaría: luns a xoves, de 10:30 a 13:30 h / luns pola tarde de 15:00 a 16:00 h.

Apertura do centro: de 8:00 a 16:00 h

Horario escolar: de 10:00 a 16:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 8:00 a 16:00 (nadal, entroido, s.santa) e de 8:00 a 15:00 en xullo

E.I.M. AGRA DO ORZÁN - Zona Agra do Orzán -

Esq. Antonio Pedreira Ríos con Alcalde Liaño Flores s/n. 15010 A Coruña

Tfno: 881924236

E-mail: eimagraorzan@gmail.com

Secretaría: Luns a venres de 10:00 a 14:00 h. En período de solicitudes e matrícula: luns a venres de 10:00 a 13:00 h. / Martes de 15:00 a 17:00 h.

Apertura do centro: 8:00 a 16:00 horas

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 horas

Servizos mínimos vacacións: de 8:00 a 15:00 h

E.I.M. CARRICANTA - Zona Castrillón -

R/ José María Hernánsaez, 11. 15009 A Coruña

Tfno e Fax: 981 17 03 06

E-mail: eicarricanta@edu.coruna.es

Secretaría: luns a venres de 9:30 a 13:30 h. / xoves de 15:00 a 17:00 h.

Apertura do centro: de 7:45 a 17:00 h Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 7:45 a 15:00 h

E.I.M. LOS ROSALES - Zona Rosales -

R/ Alfonso R. Castelao, s/n. 15011 A Coruña

Tfno: 881 89 64 13Fax: 881 87 95 86

E-mail: eirosales@edu.coruna.es

Secretaría: luns a venres de 10:00 a 13:00 h /de 15:00 a 16:00 h.

Apertura do centro: de 7:30 a 16:00 ou 17:00h (*)

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 7:30 a 15:00 h

E.I.M. LUIS SEOANE - Zona Monte Alto -

C/ Vixía, s/n. 15002 A Coruña

Tfno: 981 21 18 38. Fax: 981 21 10 37

E-mail: eilseoane@edu.coruna.es

Secretaría: luns a venres de 10:00 a 12:00 h/ de 15:00 a 16:00 h

Apertura do centro: de 7:30 a 16:30 ou 17:00 h. (*)

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 7:30 a 15:00 h

E.I.M. MONTE ALTO - Zona Monte Alto -

R/ Forcarey, s/n. 15002 A Coruña

Tfno: 981 20 12 23

E-mail: eimontealto@edu.coruna.es

http://periodicos.edu.coruna.es/montealto/

Secretaría: luns a venres de 9:30 a 10:30 h/En período de solicitudes: martes e xoves de 15:00 a 17:00h.

Apertura do centro: de 8:00 a 16:00.*

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 7:30 a 15:00 h

E.I.M. OS CATIVOS - Zona Palavea -

R/ Río de Quintás, 1. 15009 A Coruña

Tfno: 981 29 69 95

E-mail: eioscativos@edu.coruna.es

Secretaría: luns a venres, de 8:00 a 11:30 h/ de 14:30 a 16:30h

Apertura do centro: de 7:30 a 16:00/17:00/18:00h(*)

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

Servizos mínimos vacacións: de 7:30 a 15:00 h

ESCOLA INFANTIL CARMEN CERVIGÓN (R.I.B.S. Padre Rubinos) - Zona Labañou -

Ronda de Outeiro 325. 15011 A Coruña

Tfno: 981 90 11 22 Fax: 881 84 47 82

E-mail: escuelainfantil@padrerubinos.org

Web: www.padrerubinos.org

Secretaría: luns a venres, de 9:30 a 14:00 h/ martes e xoves de 16:00 a 17:00 h

Apertura do centro: de 7:30 a 17:00 h (*)

Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h

Servizos mínimos vacacións: de 7:30 a 15:00 h

LISTAXES PROVISIONAIS 

Consulta as listaxes provisionais do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais, por escolas e ano de nacemento. 

EIM Agra do Orzán:  2017 , 2018 , 2019  

EIM A Caracola:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Arela:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Carmen Cervigón:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Carricanta:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Los Rosales:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Luis Seoane:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Monte Alto:  2017 , 2018 , 2019  

EIM Os Cativos:  2017 , 2018 , 2019  

Ábrese un prazo de presentación de reclamacións dende o 15 ata o 29 de maio.

LISTAXES DEFINITIVAS 

Consulta as listaxes definitivas do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais, por escolas e ano de nacemento. 

EIM Agra do Orzán: 2017 , 2018 , 2019

EIM A Caracola:  2017 , 2018 , 2019

EIM Arela:  2017 , 2018 , 2019

EIM Carmen Cervigón:  2017 , 2018 , 2019

EIM Carricanta:  2017 , 2018 , 2019

EIM Los Rosales:  2017 , 2018 , 2019

EIM Luis Seoane:  2017 , 2018 , 2019

EIM Monte Alto:  2017 , 2018 , 2019

EIM Os Cativos:  2017 , 2018 , 2019

PRAZAS VACANTES

A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón, a día 12 de setembro, de 15 prazas vacantes para o curso 2019-2020. 

Estas prazas diríxense aos/as nados/as en 2019. En concreto, dispoñen: a EIM A Caracola de 7 prazas, tanto a EIM Arela como a EIM Os Cativos de 3 e, a EIM Los Rosales 2. 

Solicitude

A solicitude debe realizarse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020".

Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo electrónico facilitado. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola dentro do prazo extraordinario.

Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola. Presentarase unha única solicitude nunha das dúas escolas que elixan na ficha específica. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da solicitude implica a aceptación das instrucións da convocatoria.

Consulta toda a información do proceso de admisión na REIM.

SOLICITUDE EN LIÑA

SOLICITUDE EN LIÑA

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?