Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso de admisión na REIM

Cartel Proceso Admisión

As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en adiante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (REIM en adiante) do Concello da Coruña para o curso 2021-2022.

O Concello da Coruña é titular da rede de escolas infantís municipais composta por 9 centros.

A adxudicación de prazas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escoals infantís  integradas na REIM para o curso 2021-2022 publicadas no BOP nº 44 do 8 de marzo de 2021.

RESERVA DE PRAZA

Os/as menores escolarizados/as na REIM terán dereito a renovar a praza na súa escola nas datas que se indiquen, sempre e cando estean ao día no pagamento das tarifas mensuais.

Poderase solicitar praza noutra escola da REIM sempre que se cumpra o requisito anterior e se teña un irmán ou unha irmá na escola solicitada e, en caso de ser un/unha menor con NEAE, que non haxa outro/a na unidade na que se solicite ingresar.

As familias que estean nesta situación presentarán na secretaría da escola a seguinte documentación:

  • Modelo de ficha de reserva de praza facilitada na escola
  • Certificado de empadroamento
  • Libro de vacinas actualizado
  • Calquera outra documentación que a escola considere necesaria para a prestación do servizo.

LUGAR DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA E PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:  Nas secretarías das escolas infantís.

DATAS PARA A RESERVA DE PRAZA: desde o 4 ata o 10 de marzo de 2021

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2021-2022

Consulta a relación de  Vacantes REIM curso 2021-2022

NOVOS INGRESOS

Establécense dúas modalidades:

CARÁCTER PREFERENTE:

Terán carácter preferente, sen que sexan obxecto da baremación sinalada no apartado IV, as solicitudes de prazas correspondentes a nenos/as empadroados/as no Concello da Coruña cuxas circunstancias sexan as seguintes:

  • As solicitudes correspondentes aos fillos ou fillas do persoal que presta servizos na escola, de conformidade co sinalado no convenio laboral de aplicación. O convenio actual recolle este dereito como mellora social. A empresa xestora deberá asumir, polo tanto, o custo destas prazas, de conformidade co artigo 72 do dito convenio (BOP núm. 178 do 26.07.2019). O importe seralle descontado á empresa nos abonos mensuais, neste caso exceptúase o requisito do padrón.
  • As solicitudes de nenos e nenas que conten cun irmán ou cunha irmá escolarizado/a para o curso 2021/2022 nunha escola da REIM para os efectos de matricularse nela por primeira vez.
  • As consideradas de urxencia social. Enténdese por prazas de urxencia social aquelas que se encontran nas seguintes situacións:
    • Menores tutelados/as ou en situación de garda por parte da Administración autonómica.
    • Fillos e fillas de persoas que estean en Casa de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero.
    • Menores que estean en circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

DOCUMENTACIÓN:

Todas estas situacións enumeradas deberán acreditarse documentalmente para xustificar a súa preferencia.

  • Fillas/os do persoal que presta servizos na escola:
    • certificación da empresa que xestiona a escola infantil onde se sinale que o/a solicitante é persoal da empresa e que esta asume o custo da praza.
  • Nenos e nenas que se matriculen por primeira vez e conten cun irmán ou unha irmá nela:
    • Certificado da escola e libro de familia ou documento que o substitúa que acredite esta situación.
  • Urxencia social:
    • Informe por parte dos servizos sociais.

No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.

CARÁCTER ORDINARIO

As solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto de baremación de cara á asignación de prazas.

REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO

  1. Poderán solicitar prazas nas escolas da REIM os/as proxenitores/as ou titores/as legais de menores que teñan ou vaian ter, como mínimo, cumpridos os 3 meses de idade o día 1 de setembro e non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro dese curso escolar.
  2. Poderase solicitar praza nun máximo de dúas escolas por orde de prioridade.
  3. Para solicitar novo ingreso será necesario que os/as proxenitores/as ou titores/as estean empadroados/as no municipio da Coruña con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  4. Nos casos en que os pais, nais ou titores/as do/a menor residan en distintos municipios, requírese que polo menos quen convive co/coa menor estea empadroado/a no municipio da Coruña e resida de forma efectiva neste termo municipal con anterioridade á data de referencia anterior.
  5. Poderase flexibilizar o requisito da idade para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase un informe do equipo de orientación específico ou outra entidade pública especializada no que se certifique oficialmente a discapacidade. A dirección da escola solicitada informará sobre se dispón ou non dos recursos estruturais, materiais e humanos adecuados para atender o/a menor.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN PARA AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO DE CARÁCTER ORDINARIO

  1. Situación socioeconómica. Virá determinada pola renda anual da unidade familiar.
  1. Entenderase por unidade familiar, para os efectos destas bases, a formada polos cónxuxes non separados legalmente así como as persoas unidas por análoga relación de afectividade, ou a formada por unha soa persoa proxenitora máis:
    1. As fillas/os menores de idade, agás que vivan de xeito independente.
    2. As fillas/os maiores de idade que residan no domicilio e dependan economicamente dos proxenitores e se encontren nalgún destes supostos:
      1. Incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
      2. Cursando estudos, mesmo no caso de que residan noutra localidade ao longo do curso.
      3. Que teñan recoñecido un grao de discapacidade superior ao 33%.
    3. As/os menores en situación de acollemento familiar.
  1. No caso de proxenitores/as separados/as ou divorciados/as enténdese por unidade familiar a formada polo/a proxenitor/a que teña a garda e custodia, e se os/as houber, os irmáns ou irmás que se acollan ao apartado anterior e que convivan no domicilio familiar e así conste no padrón de habitantes.
  2. A renda familiar calcularase tomando o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas de cada membro do exercicio fiscal correspondente ao ano 2019, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas. Para as persoas non obrigadas a presentar declaración, teranse en conta os datos económicos que figuren na Axencia Tributaria.
  3. Non se terán en conta os datos das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dadas de alta na AEAT, co que obterán neste apartado 0 puntos.
  4. No caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios ou non achegar esta documentación xunto coa solicitude, obteranse 0 puntos neste apartado.
  5. A baremación para acceder ás escolas realizarase seguindo os criterios económicos, sociofamiliares e sociolaborais.
  1. Situación económica. A puntuación asignarase tomando como referencia a renda do ano que corresponda e basearase nos seguintes tramos:

Tramos IPREM

Puntuación

Rendas inferiores a 12.000 €

7 puntos

Rendas comprendidas entre

12.001 e 17.500 €

6 puntos

Rendas comprendidas entre

17.501 e 23.000 €

5 puntos

Rendas comprendidas entre

23.001 e 28.500 €

4 puntos

Rendas comprendidas entre

28.501 e 34.000 €

3 puntos

Rendas comprendidas entre

34.001 e 39.500 €

2 puntos

Rendas comprendidas entre

39.501 e 45.000 €

1 punto

Rendas superiores a 45.000 €

  1. puntos
  1. Situación sociofamiliar. Puntuarase do seguinte xeito:

Situación sociofamiliar

Puntuación

Menor solicitante cunha diversidade funcional igual ou superior ao 33%

3

Condición de familia monoparental*

2

Condición de familia numerosa**

2

Por cada proxenitor/a que forme parte da unidade familiar cunha diversidade funcional superior ao 33%

1

(máximo 2)

Irmáns ou irmás solicitando praza simultaneamente

2

*Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e os fillos ou fillas menores ao seu cargo sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

**Enténdese por familia numerosa a integrada polos membros sinalados de conformidade cos artigos 2 e 4 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

  1. Situación sociolaboral. Puntuarase do seguinte xeito:

Situación sociolaboral

Puntuación

Ocupación laboral dos dous ou dúas proxenitores/as ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o

6

Ocupación laboral de 1 dos/as proxenitores/as con impedimento acreditado polo outro para atender o/a neno/a

3

Condición de familia monoparental traballando ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o

6

En caso de empate entre varias solicitudes resolverase o desempate priorizando aquelas persoas solicitantes que conten con menores ingresos de renda. En caso de continuar o empate utilizarase o desempate por letra (tomaranse como referencia as letras do proceso de admisión 2021-2022 da Consellería de Educación).

LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN

Poderán solicitar praza aquelas persoas que reúnan os requisitos sinalados no apartado REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas e deberase indicar a prioridade entre elas. A adxudicación de prazas realizarase tendo en conta a escola infantil seleccionada como primeira na orde de preferencia da solicitude.

A adxudicación dunha praza na escola indicada con carácter prioritario implicará a eliminación das listaxes da segunda opción solicitada.

As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.

O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.

A DOCUMENTACIÓN que cómpre presentar no rexistro municipal será a seguinte:

ACCESO CON CARÁCTER PREFERENTE:

Documentación obrigatoria:

  • Xustificante de confirmación da inscrición en liña asinado polas dúas persoas proxenitoras.

As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.

O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.

  • DNI/NIE ou documento acreditativo da identidade das dúas persoas proxenitoras. No caso de presentar o Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, este deberase achegar xunto co documento de identidade do país de orixe.
  • Libro de familia ou documento que o substitúa legalmente.
  • De non ter nacido o/a menor para quen se solicita a praza, certificado médico que indique a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nacido/a deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
  • A documentación acreditativa do cumprimento dalgún dos requisitos sinalados para ter dereito a ingreso preferente, tal e como se recolle no punto II.B.1 das bases reguladoras ((fillos/as persoal da escola: certificado da escola acreditando que esa persoa é persoal do centro, Irmán/á matriculado/a na escola: certificado da escola indicando a existencia dun irmán matriculado no curso 2021/2022, urxencia social: informe de Servizos sociais).

ACCESO CON CARÁCTER ORDINARIO:

  1. Documentación obrigatoria:
  • Xustificante de confirmación da inscrición en liña asinado polas dúas persoas proxenitoras.

As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.

O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.

  • DNI/NIE ou documento acreditativo da identidade das dúas persoas proxenitoras. No caso de presentar o Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, este deberase achegar xunto co documento de identidade do país de orixe.
  • Libro de familia ou documento que o substitúa legalmente.
  • De non ter nacido o/a menor para quen se solicita a praza, certificado médico que indique a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nacido/a deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
  1. Outra documentación:
  • No caso de familias monoparentais, certificado ou informe de familia monoparental expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
  • Certificado expedido polo órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/a menor ou de calquera das persoas proxenitoras que formen parte da unidade familiar.
  • No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
  • Documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante informe de vida laboral actualizado. No caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade social, ou da correspondente mutualidade, do mes anterior ao período de solicitude.
  • Nos casos de baixas maternais/paternais ou excedencias de traballo: presentarase xustificante da Seguridade Social ou certificado da empresa con indicación da data de incorporación que deberá ser anterior ao 1 de outubro.
  • De ser o caso, xustificación acreditativa do impedimento das persoas proxenitoras para atender o neno ou nena.
  • De ser o caso, título acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellería competente da Administración autonómica.
  • No caso de separación ou divorcio, sentenza ou documentación acreditativa de conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es),  nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa (coruna.gal)

Direccions:​

* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

RESERVA PRAZA

4-10 MARZO

PUBLIC. PRAZAS VACANTES OFERTADAS

12 MARZO

PRAZO SOLICITUDE NOVOS INGRESOS

15-30 MARZO

PUBLIC. LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS/NON ADMITIDAS

12 ABRIL

PRAZO SUBSANACIÓN DOCUMENTACIÓN

13-26 ABRIL

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS

10 MAYO

PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

11-25 MAYO

PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS

3 JUNIO

MATRÍCULA

7-11 JUNIO

INICIO CURSO 2021/2022

6 SETEMBRO

INSCRICIÓN EN LIÑA

ACCEDA AQUÍ PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZA DA REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 2021-2022

As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.

O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.

Documentos relacionados

  • Bases reguladoras do proceso de admisión curso 2021-2022 (134 KB)
  • Resolución de apertura do prazo de solicitude (85 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión