Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Proxectos educativos de EIM Agra do Orzán

Proxectos educativos da Escola Infantil Municipal Agra do Orzán

Actividades estrela

Mensualmente realízanse actividades estrelas: actividades que se realizan no centro para celebrar días conmemorativos e abordar así temáticas de interese.

Dentro deste programa desenvólvense os talleres en familias: son actividades específicas que se realizan cos pais e coas nais do alumnado. O obxectivo principal destes talleres é mellorar a relación familia-escola, favorecer momentos familiares, e a comunicación e relación entre os membros da comunidade escolar.

Dentro deste programa tamén se inclúen diferentes saídas que se programan durante o curso escolar, que transportan o noso labor educativo a outros contextos (museos, granxas, bibliotecas, lugares de interese da cidade...) e nas que os/as nenos/as poden vivir novas experiencias educativas e gozar da emoción de realizar a primeira "excursión escolar". Ademais, prográmanse saídas escolares en familia, nas que todos xuntos, familias, nenos/as e docentes da escola gozamos dun día de lecer, convivencia familiar e aprendizaxe.

Camiñando de Do a Do

Proxecto centrado en desenvolver competencias artísticas nos nenos e nenas a través da expresión musical. Con este proxecto trabállanse diferentes habilidades artísticas a través da música, o baile, o teatro... á vez que coñecen diferentes ritmos e achégase a cultura musical galega e nacional.

Camiñando de Do a Do desenvólvese dentro do horario escolar en todos os niveis.

Baby-English. Iniciación á lingua estranxeira: inglés

Ademais da participación no programa de ensino en lingua estranxeira municipal. Na escola realízanse actividades de iniciación ao inglés desde os 0 anos cunha metodoloxía adaptada ao grupo escolar.

Este programa tamén se inclúe no horario escolar de cada unidade.

Agraleo: plan de fomento da lectura

Preténdese que o alumnado se achegue á lectura, inculcar un hábito e actitude positiva cara á lectura a través do xogo e a experimentación. Este plan desenvólvese de forma experimental por primeira vez no curso escolar 2016-2017.

Dentro do plan incluímos:

  • O programa de Bbtecas: programa de actividades dirixido ás escolas infantís impulsado pola biblioteca do centro sociocultural Ágora.
  • Actividades de "Taller de elaboración de contos da escola" e a "Feira do libro".

Traballo por proxectos

Desde a escola traballamos con proxectos de interese para nenos e nenas da escola que favorece o coñecemento e a comprensión da súa contorna e o desenvolvemento de diferentes competencias (lingüística, matemática, social, artística, autonomía, tecnolóxica...).

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión