Concello da Coruña

Concello da Coruña

23 de abril, Día do Libro

Cando:

23 de abril de 2021

Esta efeméride celébrase desde 1988 co fin de fomentar a lectura e a industria editorial

O Día Internacional do Libro celébrase a nivel mundial cada 23 de abril. Promovida pola Unesco desde 1988, ten o obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. O 15 de xuño de 1989 iniciouse en varios países, e en 2010 a celebración xa alcanzara máis de cen.

Para celebrar este día, facémonos eco das recomendacións realizadas polas nosas Bibliotecas Municipais: https://sumagora.wordpress.com/2021/04/23/libros-de-carne-e-oso-para-festexar-o-dia-do-libro/

Por outra banda, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés teñen preparada unha programación especial para este día:

  • Visitas guiadas ás 12.00 e ás 19.00 h
  • Taller de lectura de relatos ás 17.00 h
  • Os libros da titiriteira ás 19.00 h

E na Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña realizan un sorteo dun lote de libros ás persoas que compartan os títulos que están a ler co hashtag #estoulendo. Estas son outras actividades que se poden realizar nesta biblioteca para conmemorar o Día do Libro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión