8 de outubro de 2018
O obxectivo desta actividade é facilitar e facer máis accesible a práctica da escalada e outras modalidades dos deportes de montaña ao alumnado dos centros educativos
A actividade "Bautismo da escalada" terá unha duración de 3 horas, cun grupo de 25 alumnas/os, no Rocódromo de Riazor. Iníciase explicándolles a todas as persoas en que consiste a actividade e dándolles nocións básicas de material e seguridade. Logo dividirase o grupo en dous; mentres a uns se lles explicasen as distintas modalidades dos deportes de montaña e se lles proxecta un vídeo dunha expedición dunha persoa membro do AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes), outras farán unha práctica de escalada no rocódromo.
A actividade desenvolverase durante o curso 2018/19, de outubro a maio, dentro do horario escolar.
Para a realización da actividade a AMI conta cun técnico deportivo en escalada, unha licenciada en Ciencias da Actividade Física e un/a técnica en TAFAD.
Os centros interesados en participar nesta actividade poden contactar no teléfono 627 219 879 ou no correo info@amimontanismo.com.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible