30 de maio de 2025
A actividade, que se enmarca na celebración da semana do ciclismo, está dirixida ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria dos CEIP e CPR da Coruña. A inscrición poderase realizar a partir do 2 de xuño ás 12:00 horas.
A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), en colaboración co departamento de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña, Bicicoruña, Mobilízate, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Deporte Galego, organiza, o vindeiro luns 16 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural Ágora, unha sesión de sensibilización sobre o uso correcto da bicicleta e o patinete eléctrico.
A actividade, que leva por título "Non estás en TikTok: baixa da nube e aprende a circular", está dirixida ao alumnado de último curso de educación primaria e contará coa participación dun policía local, un xornalista e un ex-ciclista profesional.
Os centros interesados en participaren poderán realizar a inscrición desde o luns 2 ata o xoves 12 de xuño. A ligazón á ficha de inscrición está dispoñible na páxina do programa: Non estás en TikTok: baixa da nube e aprende a circular .
Programa ao que pertence
Charla para escolares sobre o uso correcto da bicicleta e o patinete eléctrico.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible