Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Concellería de Educación e Memoria Histórica organiza o Foro "A educación en tempos de pandemia"

Cando:

19 de novembro de 2020

Este foro, que terá lugar o próximo 5 de decembro ás 11.00 horas, está dirixido a familias e persoal docente e sanitario da Coruña e da súa área metropolitana

O encontro desenvolverase de forma presencial para as e os relatores e telemática para as persoas interesadas. Permitirase a participación e interacción en todo momento desde a casa.

A inscrición a este evento pódese realizar a través do formulario publicado na web www.educacionepandemia.gal desde onde se enviará toda a información necesaria para poder seguir de forma telemática a xornada, enviar preguntas e debater garantindo tanto a participación das persoas inscritas como o cumprimento de todas as medidas sanitarias e de prevención da COVID-19 vixente a día de hoxe.

Documentos relacionados

  • Programa Foro: A educación en tempos de pandemia (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión