Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A Concellería de Xustiza Social abre o día 8 o prazo para inscribirse no programa de inmersión lingüística Idiomas do Mundo

Cando:

1 de marzo de 2019

A solicitude para optar ás 60 bolsas municipais pode facerse na web coruna.gal/educacion ata o 28 deste mes

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre o 8 de marzo o prazo de inscrición para participar no programa Idiomas do Mundo. A iniciativa está dirixida a estudantes de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato que este verán queiran participar en cursos de aprendizaxe de linguas estranxeiras en Francia, Alemaña, Irlanda e Portugal. O prazo de presentación de solicitudes, que se realiza a través da web municipal de educación, remata o 28 de marzo ás 14 horas.

Idiomas do Mundo ofrece 60 prazas para que os e as estudantes poidan ter unha estadía de catro semanas, durante o mes de xullo, nalgún destes catro destinos e mellorar a competencia lingüística en francés, inglés, alemán ou portugués e poder así acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A Concellería de Xustiza Social repartirá bolsas que cobren o total do custo do curso, destinadas a aqueles e aquelas participantes seleccionados cuxas familias non superen os 9.000 euros de renda per cápita, e tamén bolsas parciais. Nestas, o Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado subvencionado que supere os 9.000 euros anuais de renda. As porcentaxes variarán en función da renda, segundo está recollido nas bases de solicitude, que poden consultarse na web municipal coruna.gal/educacion. A situación económica das familias tamén contará á hora da avaliación das solicitudes, xa que a Concellería de Xustiza Social introduciu criterios de renda para facilitar o acceso de toda a poboación a este programa.

O alumnado que queira participar debe estar empadroado no municipio dende, polo menos, o 1 de setembro de 2018 e estar matriculado e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato no presenta curso. O programa require tamén que o ou a estudante obtivesen no curso anterior unha cualificación media global de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa e a mesma nota na materia de lingua estranxeira á que queira optar.

Ficha de inscrición

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?