Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Monte Alto gaña o primeiro premio de Infantil e Primaria na Open Science de Cambre

Cando:

18 de setembro de 2018

Fíxose co galardón co proxecto de astronomía “Es o meu ceo”

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto participou a fin de semana pasada na Open Science Cambre presentando o proxecto de astronomía "Es o meu ceo". Con este traballo, a EIM Monte Alto fíxose co primeiro premio na modalidade de centros de infantil-primaria.

Este proxecto xa conta cun primeiro premio de Ciencia de Acción concedido no 2015.

O equipo educativo do centro mostrouse satisfeito co galardón e espera compartir de novo esta experiencia no curso que arrinca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión