Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Monte Alto organiza un mercado solidario en favor das escolinhas de Tete (Mozambique)

Cando:

28 de xaneiro de 2020

Será o sábado 1 de febreiro, a partir das 10:00 horas, nos exteriores de escola infantil municipal

Entre as accións de colaboración e cooperación coas escolinhas de Tete (Mozambique) que leva a cabo a EIM Monte Alto, realizarase un mercado solidario de venda de plantas cultivadas na escola, libros e xoguetes reciclados, bonecos feitos á man e bolsos de capulanas.

Con esta actividade preténdese recabar fondos para a creación de "machambas" nestas escolas de Mozambique.

Para levar a cabo esta iniciativa, desde a EIM Monte Alto solicitan colaboración veciñal a través da doazón de todo tipo de plantas, xoguetes ou contos infantís. A recollida realizarase ata o xoves 30 de xaneiro, de 13:00 a 16:00 horas na escola.

O mercado realizarase o sábado 1 de febreiro, a partir das 10:00 horas, nos exteriores da escola.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión