Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A fase de zona do XIX Rebumbio Matemático realizarase o venres 26 de abril no Fórum Metropolitano

Cando:

9 de abril de 2019

As persoas participantes resolverán de forma conxunta seis actividades. Os alumnos e as alumnas deberán asistir co material necesario indicado nas bases e correctamente identificados.

A fase de zona do XIX Rebumbio Matemático galego para o alumnado de 6º de Educación Primaria, convocado por AGAPEMA, terá lugar para os e as participantes da Coruña o venres 26 de abril no Fórum Metropolitano.

A proba consistirá na resolución polo grupo de forma cooperativa, de seis actividades que se desenvolverán segundo o programa comezando ás 10:30 horas coa recepción dos e as participantes, e finalizando ás 13:00 horas.

Os alumnos e alumnas deberán ir provistos co material necesario indicado nas bases. Deberá tamén levar a identificación oportuna (preferiblemente o DNI, e de non ser posible, o carné do centro ou da biblioteca, ou certificación selada polo centro educativo con foto).

Fase Final

A fase final levará a cabo cos 15 grupos participantes o día 24 de maio na Coruña. O equipo clasificado en primeiro lugar será convidado á II Olimpíada Matemática Nacional Alevín, que se celebrará en Melilla do 17 ao 20 de xuño, representando a Galicia. Esta actividade estará organizada este ano pola Sociedade Melillense de Educación Matemática, e está convocada pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.

Máis información nas bases do programa.

Desde o Servizo Municipal de Educación vos mantedremos informados. Felicidades polo esforzo e ¡moita sorte a todos e a todas!

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?