Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Fase de Zona do XXI Rebumbio Matemático celebrarase o venres 22 de abril

Cando:

19 de abril de 2022

Será ás 10:30 horas en cada unha das sedes. O alumnado debe asistir con algunha identificación, preferentemente o DNI

A Fase de Zona do XXI Rebumbio matemático 2021-22 para 6º curso de Educación Primaria, convocado por AGAPEMA, terá lugar o venres, 22 de abril, ás 10:30 h., en cada unha das sedes.

A proba consistirá na resolución polo grupo, de xeito cooperativo, de seis actividades. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e deberá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra...) Na valoración das actividades primará o método empregado, a súa orixinalidade, etc.

O alumnado debe traer ese día algunha identificación, preferentemente o DNI. Se non o ten suxerimos a súa identificación por algún dos procedementos seguintes: carné do centro ou da biblioteca, ou ben certificación do Centro coa foto do alumno e selada.

Ás 11 h. abrirase o sobre coas probas, e terán ata as 13 h. para solucionar as actividades.

Ás 11:30 h. poñeranse en contacto os encargados de cada zona coa da Coruña, para comunicar o número de grupos que se presentaron, e facer o reparto proporcional de equipos a clasificar para a fase final en cada unha delas.

A lista dos 15 equipos participantes na fase final o 27 de maio colocarase na páxina web http://www.agapema.org e comunicarase aos centros o día 4 de maio.

Programa da Fase de Zona

A proba da fase de zona desenvolverase segundo o seguinte programa:

10:30 h.

Recepción dos participantes: benvida e información do desenvolvemento das probas e da sesión, en xeral.

11:00 h.

Comezo das probas para o alumnado.

13:00 h.

Remate das probas.

Nos próximos días enviaremos e colgaremos na web os nomes dos grupos e os alumnos que participarán na fase de zona.

Os lugares de celebración da proba en cada zona, e a persoa de AGAPEMA responsable da mesma, figuran no cadro da páxina seguinte:

Zona

Sede

Grupos

A CORUÑA

Centro Socio Cultural Ágora

Avda da Gramela 17

15010 A Coruña

Tfno.- 981189888

Isabel Miguélez

34

FERROL

IES de Mugardos

r/ do Cristo s/n

15620 Mugardos

881938200

Covadonga Rodríguez Moldes

8

LUGO

Círculo das Artes

Praza Maior 23

27001 Lugo

Manuel Vilariño

7

OURENSE

CFR de Ourense

Rúa Universidade, s/n.

32005. Ourense

988241533

Ricardo Padrón Chao

9

PONTEVEDRA

IES A XUNQUEIRA I

Rua Alexandre Bóveda. 36005 Pontevedra

Tfno.- 886159721

Marina Germiñas

13

SANTIAGO

Escola de Maxisterio. Campus Norte.

Aula 1

Av. Xoán XXIII.

15704 Santiago

881812016

Teresa Fernández Blanco

9

VIGO

CPR Rosalía de Castro

Estrada de Bembrive, 91

36214 Vigo

Tfno.- 986 420 433

Emilio Fernández Fontenla

11

Programa ao que pertence

Documentos relacionados

  • XXI Rebumbio Matemático: listaxe de participantes na Fase de Zona (54 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión