Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

A partir do luns 18 de xaneiro ábrese a inscrición para a oferta de primavera 2021 de Todo Público

Cando:

14 de xaneiro de 2021

Esta nova proposta de programación de teatro do IMCE ten novas medidas de seguridade sanitaria e novos criterios de adxudicación

No presente curso 2020/2021 e debido á incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, realízase esta nova proposta da programación de teatro do IMCE para a primavera de 2021 para os centros escolares. Serán con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, que se realizarán no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.

Fronte á pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade sanitaria, sen que perda a súa esencia e calidade, implantáronse (ademais das xa adoptadas durante o primeiro trimestre do cruso) novas medidas hixiénico-sanitarias:

  • En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar.
  • Os grupos escolares estarán separados polo corredor central e os/as alumnos/as sentados a 1,5 m de distancia.
  • A capacidade máxima será de 51 persoas ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

Tamén novos criterios de adxudicación:

  • A adxudicación farase espectáculo por espectáculo, en función da capacidade vixente.
  • As prazas iranse adxudicando por cada espectáculo tendo en conta a orde de solicitude e que o número total de prazas solicitadas e a capacidade vixente estean o máis axustadas posible, de forma que quede o menor número de prazas non ocupadas.
  • Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha lista de espera para cada función, para cubrir posible baixas de grupos.

Inscrición para os centros

A través da Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes de teatro do IMCE: Todo Público 2020-21": https://presme.coruna.es/coruna_educa_centros/imce/plazasLibres.php

En caso de que esquecese o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou por correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta oficial do seu centro escolar ou chamando o/a responsable do centro ao teléfono 981 902 327.

AVISO: as inscricións realizadas no mes de setembro de 2020 para o espectáculo "Zapatos nuevos" (para Educación Infantil os días 18 e 19 de febreiro) non terán validez, debido á redución da capacidade, polo que os centros afectados deberán rexistrar de novo a súa inscrición.

Programa ao que pertence

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2020-21. Primavera 2021

    O IMCE ofrece aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Forum Metropolitano, DE FORMA SEGURA ANTE O COVID-19.

    No presente curso 2020/2021 e debido a incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, realízase esta nova proposta para a primavera de 2021.

    Os espectáculos dirixidos a E. Infantil e E. Primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18:30h (excepto "Contos do Tesouro" e "Historias no"mar ) ey os dirixidos a E. Secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 21.00h.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión