Concello da Coruña

Concello da Coruña

A REIM abre unha nova convocatoria para solicitar praza con 101 vacantes

Cando:

2 de novembro de 2022

O prazo de solicitude remata o 16 de novembro ou ata esgotarse a existencia de prazas vacantes

Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantis integradas na rede de escolas infantis municipais para o curso 2022-2023, publicadas no BOP nº 57 do 24 de marzo de 2022 e na resolución publicada no BOP nº 116  do 20 de xuño de 2022.

Prazas vacantes mes de novembro

AULAS  (ANO NACEMENTO)

A CARACOLA

AGRA DO ORZÁN

ARELA

CARRICANTA

LOS ROSALES

LUIS SEOANE

MONTE ALTO

OS CATIVOS

TOTAL

Aulas 0-1 (2022)

7

0

1

0

5

9

2

11

35

Aulas 1-2 (2021)

0

0

0

0

2

3

0

8

13

Aulas 2-3 (2020)

0

8

11

6

0

5

5

18

53

Total de prazas vacantes: 101

PRAZO DE SOLICITUDE: DESDE O 2 ATA O 16 DE NOVEMBRO

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es),  nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa (coruna.gal)

Direccions:​

* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

Documentos relacionados

  • REIM Vacantes Novembro (106 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión