1 de decembro de 2022
O prazo de solicitude remata o 15 de decembro ou ata esgotarse a existencia de prazas vacantes
Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantis integradas na rede de escolas infantis municipais para o curso 2022-2023, publicadas no BOP nº 57 do 24 de marzo de 2022 e na resolución publicada no BOP nº 116 do 20 de xuño de 2022.
Prazas vacantes mes de decembro
AULAS (ANO NACEMENTO) |
A CARACOLA |
AGRA DO ORZÁN |
ARELA |
CARRICANTA |
LOS ROSALES |
LUIS SEOANE |
MONTE ALTO |
OS CATIVOS |
Aulas 0-1 (2022) |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
3 |
0 |
7 |
Aulas 1-2 (2021) |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
2 |
0 |
6 |
Aulas 2-3 (2020) |
2 |
4 |
10 |
7 |
0 |
6 |
5 |
18 |
Total de prazas vacantes: 76
PRAZO DE SOLICITUDE: DESDE O 1 ATA O 15 DE DECEMBRO
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa (coruna.gal)
Direccions:
* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible