Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

A reunión informativa coas familias do programa Junior Year para falar da elaboración do expediente será o 18 de febreiro ás 19:00 no Centro Cívico Municipal dos Mallos

Cando:

4 de febreiro de 2019

Deben asistir todas as persoas que se presentaron ás bolsas e están admitidas na listaxe provisional (independentemente de que sexan as seleccionadas ou non)

O motivo desta reunión é explicar como se elabora o expediente que teñen que cubrir as familias e que se vai enviar á organización americana. En previsión de que haxa movementos na listaxe de espera solicitamos que acudan á reunión todas as familias admitidas, aínda que non estean entre as 60 primeiras persoas seleccionadas, para darlles a oportunidade de ter feito en prazo o expediente no caso de producirse algunha baixa no proceso.

Lembramos que o prazo para presentar alegacións finaliza o 6 de febreiro. Na semana do 11 de febreiro (data por determinar) publicaremos a listaxe definitiva coa relación ordenada de persoas seleccionadas e a listaxe de espera. Unha vez publicada a listaxe definitiva das persoas seleccionadas teñen 5 días naturais para aceptar a praza a través dos rexistros municipais.

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?