Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Semua 2019 realizarase entre o 27 de outubro e o 1 de novembro na Coruña

Cando:

2 de outubro de 2019

Nesta cuarta edición, a semana dedicará unha especial atención á figura de Federico Jusid, compositor de bandas sonoras para máis de 40 películas e 20 series de televisión

Este ano repítese, tras o éxito na edición anterior, a proposta formativa da Semuá un "Concerto en familia" que se realizará o domingo 27 de outubro en horario de mañá e dous concertos didácticos para centros educativos de Primaria e Secundaria co fin de achegar a música aos máis pequenos e pequenas.

A actividade levarase a cabo os días 28 e 29 de outubro de 2019.

Baixo a dirección de Nani García

A SEMUA (Semana das Músicas do Audiovisual) está organizada pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e baixo a dirección artística do compositor Nani García, co obxectivo de revalidar o éxito de público das tres edicións anteriores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión