Concello da Coruña

Concello da Coruña

"A viaxe das maletas da escola á casa, e da casa á escola, converteuse en pouco tempo nun paseo de intencións para as persoas adultas e un xogo para nenas e nenos"

Cando:

27 de xaneiro de 2020

Montse Sancho, directora da EIM Monte Alto, explica en que consiste o proxecto "Maletas viaxeiras pola igualdade de xénero" que acaba de lograr o premio "Concepción Arenal" da Deputación da Coruña

"Sen ningunha dúbida, na escola compártense momentos transcendentes para a formación e o crecemento persoal, no que todas as persoas, menores e adultas estamos inmersos". Así o afirma Montse Sancho, directora da Escola Infantil de Monte Alto, que acaba de recibir o premio "Concepción Arenal" da Deputación da Coruña, na modalidade de Educación Infantil, co seu proxecto "As maletas viaxeiras pola igualdade de xénero".

Este proxecto naceu coa idea de "poñer en marcha oportunidades que favorezan a igualdade de dereitos e deberes entre homes e mulleres, tanto no noso espazo escolar como no ámbito familiar". E é que Montse Sancho considera que "a través do xogo podemos fomentar comportamentos de igualdade que afiancen desde pequenos a normalidade e a convivencia entre persoas". Por iso, a través do coñecemento de profesións como a astronomía, a arte ou a xardinería, este proxecto da EIM Monte Alto deu lugar a unha viaxe de maletas, da escola á casa e da casa á escola, que permitiron soñar e coñecer o universo, debuxar e crear ou aprender novos hábitos como o coidado da natureza, a prevención de incendios etc. "A viaxe das maletas converteuse en pouco tempo nun paseo de intencións para as persoas adultas e un xogo para nenas e nenos. Cada maleta que chega á casa ten o seu propio uso, non hai unha guía que indique como facelo, non se trata diso, simplemente se trata de desexar xogar", explica a directora.

Maletas viaxeiras

Maletas viaxeiras pola igualdade de xénero é unha experiencia que se leva realizando desde hai tres anos na EIM Monte Alto. Con este proxecto, desde a escola preténdese reflexionar sobras as actuacións, linguaxes e emocións que as persoas adultas acompañantes das nenas e nenos, tanto na casa como na escola, transmiten en relación á igualdade de xénero.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión