17 de xuño de 2020
A convocatoria, dirixida ás persoas traballadoras con redución da xornada laboral, busca promocionar unha repartición equilibrada das tarefas no ámbito doméstico, reprodutivo, do coidado de fillos e fillas menores de 3 anos
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsablidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillas e fillos, sempre que cumpran os requisitos e condicións establecidos na resolución. Consulta a resolución: Axudas á conciliación .
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible