Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto ata o 1 de xuño o prazo de inscrición para o concurso “Sensores para todos 2022”

Cando:

11 de febreiro de 2022

Está organizado por IGACIENCIA en colaboración co Concello da Coruña

IGACIENCIA e o Concello da Coruña organizan unha nova edición do concurso Sensores para todos/as co obxectivo de achegar a xente nova á programación e ao uso das tecnoloxías electrónicas e robóticas.

Ata o 1 de xuño é posible presentar propostas. O concurso centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, Smartphones e tabletas (Android ou IPhone) e Robots Lego ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, por que non, Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.

Trátase de darlles unha nova e inesperada función a estes materiais, por exemplo: facer recollida de datos ("datalogging") e representar os resultados de varios experimentos científicos; formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas leis científicas; manexar Calc ou Excel para facer representacións gráficas que permitan sacar conclusións dos datos recollidos polos sensores etc.

O concurso está dirixido a grupos de alumnos e alumnas de centros educativos de ducación primaria ata bacharelato e Formación Profesional de grao medio.

Organizado por IGACIENCIA, o Concello da Coruña colabora neste concurso patrocinando os premios que consisten en material de informática-tecnoloxía para os centros educativos gañadores por importe máximo de 300 euros no caso do primeiro premio, e 200 euros no caso do segundo.

Programa ao que pertence

  • Concurso sensores para todos 2021-22

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar á xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión