Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aberto do 8 ao 29 de marzo o prazo de inscrición para Idiomas do mundo 2019

Cando:

1 de marzo de 2019

Documentos:

Cartel IDM19 (157 KB)

Convócanse o alumnado interesado e as súas familias a unha reunión informativa o xoves 7 de marzo

O programa Idiomas do mundo ofrécelle a oportunidade ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o mes de xullo de 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidade de Europa.

O prazo de presentación da solicitude será do 8 ao 29 de marzo de 2019 ás 14:00 h.

E a reunión informativa do xoves 7 de marzo será ás 19:00 h no Forum Metropolitano.

O alumnado que queira participar no programa deberá incribirse a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que debe imprimirse. Este xustificante ten un "número de asignación" (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A inscrición completarase por medio da presentación dunha instancia na que se solicite a participación no programa. A dita instancia deberá estar encabezada polo/a alumno/a solicitante e dirixirse ao Servizo Municipal de Educación.

A instancia e a documentación deberán presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.

A presentación das solicitudes implica a aceptación das bases da convocatoria.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo

    O programa educativo "Idiomas do mundo" ofrécelle a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán do 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel acadado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?