Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo de inscrición ata o 1 de abril no programa deportivo "Máis rápidas, máis altas e máis fortes"

Cando:

24 de marzo de 2022

O programa, organizado polas concellerías de Educación e Deportes, está dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria e 1.º e 2.º de secundaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade

Desde o mércores 23 de marzo, ata o 1 de abril, está aberto o prazo de inscrición para participar no programa "Máis rápidas, máis altas e máis fortes" que poñen en marcha de maneira conxunta as concellerías de Educación e de Deportes e que ten como obxectivo dar a coñecer as diferentes disciplinas deportivas que se desenvolven na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por expertas mulleres deportistas, e que contarán tamén cunha parte práctica.

O programa está dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria e 1.º e 2.º de secundaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade para que tomen conciencia da importancia de practicar deporte e da ampla oferta de disciplinas polas que poden optar na Coruña. Os centros educativos interesados poden solicitar que participen ata catro aulas e cada unha debe seleccionar, por orde de prioridade, ata cinco deportes sobre os que quere ter información. As disciplinas entre as que se pode elixir son: artes marciais, atletismo, baloncesto, balonmán, boxeo kick boxing, esgrima, fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica, ximnasia artística, golf, halterofilia, judo, marcha nórdica, montañismo, multideporte, natación, patinaxe en liña, petanca, rugby, skate, tenis, tiro con arco, tríatlon, ultimate, voleibol, waterpolo e deporte adaptado.

As actividades comezarán a partir de 18 de abril e desenvolveranse ata o 17 de xuño.

Programa ao que pertence

  • Máis rápidas, máis altas, máis fortes

    As concellarías de Deportes e Educación poñen en marcha un programa para dar a coñecer diferentes disciplinas deportivas que se desenvolven na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por especialistas na materia, que tamén contarán cunha parte práctica.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión