Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa Bolsas USA 2022-23

Cando:

10 de decembro de 2021

Este prazo finalizará o 31 de decembro. Poderase acceder á ficha de inscrición en liña a través desta web

As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web a través da ficha específica "BOLSAS USA 2022-23"

Unha vez feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso de selección. A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberán presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.

Accede á publicación no Boletín Oficial da Provincia para coñecer todos os detalles: BOP Bolsas USA 2022-23

Estancia en EE.UU.

A estancia en EE.UU. comezará en agosto de 2022 e finalizará en xuño de 2023 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

O programa Bolsas USA ofrécelle a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE.UU. -equivalente a 1.º de bacharelato.

Programa ao que pertence

  • Bolsas USA 2022-23

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Documentos relacionados

  • BOP Bolsas USA 2022-23 (148 KB)
  • Información Bolsas USA 2022-23 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión