Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Aberto o prazo de inscrición no VII Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2019

Cando:

31 de outubro de 2018

A principal novidade desta edición é que a gala do certame realizarase no 2º trimestre do curso, no Teatro Rosalía de Castro

Ábrese o prazo de inscrición do 5 ao 30 de novembro para participar no VI Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2019 para os centros docentes do Concello da Coruña con alumnado de ESO, bacharelato e FP, a través da ficha de inscrición específica.

Esta acción ten como obxectivo potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade e a espontaneidade na expresión oral do alumnado de ensino secundario en lingua galega.

A principal novidade desta edición é que a gala do certame realizarase no 2º trimestre do curso, concretamente o mércores 13 de febreiro de 2019, no Teatro Rosalía de Castro.

Para a promoción do certame, tamén se convoca o "III Taller de Introdución á Interpretación de Monólogos Cómicos", que terá lugar o sábado 19 de xaneiro de 2017, no Ágora a partir das 17.00 horas, destinado ao alumnado interesado en participar no devandito certame.

Este taller ten como obxectivos axudarlles a puír os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica, baixo a dirección dun/dunha cómico e/ou guionista (aínda por determinar). A inscrición é voluntaria e gratuíta, e o prazo de inscrición abrirase, do 8 a 16 de xaneiro de 2019, a través da ficha específica que se atopará na devandita web municipal.

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?