Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aberto o prazo de inscrición do programa Acoreuropa VIII do 13 ao 28 de decembro

Cando:

13 de decembro de 2018

A convocatoria do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VIII ten como obxectivo a adxudicación de 11 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración (de finais de marzo a finais de xuño de 2019) en empresas de Austria, Francia, Italia e Irlanda.

As 11 bolsas distribúense da seguinte maneira:

  • Viena, Austria (prácticas en inglés ou alemán): 3 bolsas
  • Bordeos, Francia: 2 bolsas
  • Padua, Italia: 3 bolsas
  • Cork, Irlanda: 3 bolsas

O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos superiores de FP que conseguiron a súa titulación en xuño ou en decembro de 2018, incluída a FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís.

A inscrición ábrese do 13 ao 28 de decembro na web do Concello a través da ficha específica do programa e presentando a documentación esixida, en calquera dos rexistros municipais, situados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro.

  • Xustificante da solicitude debidamente cuberta e asinada
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso)
  • Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello da Coruña
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calquera título oficial de idiomas
  • CV europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)

O proceso de selección das persoas participantes está previsto que se desenvolva durante os meses de xaneiro e febreiro. Para iso, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos estudos de FP, a competencia lingüística de idiomas estranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.

As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para o seu mantemento e estadía de 1.500 €. Ademais, o Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizacións intermediarias nos países de destino, tamén se encargarán da xestión do programa: a organización das viaxes, a procura de aloxamentos e das empresas de prácticas, así como da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial das prácticas.

O proxecto será desenvolvido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino; e financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS:

Servizo Municipal de Educación

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 - 3ª planta. 15001 A Coruña

Correo: educacion@coruna.es

Teléfono: 981 184 200

Técnica de Educación: Ana Judel Prieto (ext. 12038)

Programa ao que pertence

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa VIII

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, que organiza e posibilita as prácticas de formación, de tres meses de duración, en empresas do Austria, Francia, Italia e Irlanda para o alumnado co título de Técnico Superior en FP específica.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?