Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abre o prazo de inscrición para o programa "Intercambio escolar do eixo atlántico"

Cando:

26 de xaneiro de 2023

Dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria da Coruña

O grupo de traballo de Educación e Cultura do Eixo Atlántico anunciou un concurso de selección para un intercambio escolar entre A Coruña e Santa María da Feira. O concurso está dirixido a grupos escolares formados por un máximo de 30 participantes, é dicir, unha clase educativa, que deben estar a cursar o quinto ou sexto curso de primaria e pertencer a CEIPs da Deputación da Coruña.

O obxectivo do concurso é promover o coñecemento dos municipios integrantes do Eixo Atlántico, así como o seu patrimonio cultural, natural e inmaterial. Ademais, búscase facilitar o intercambio entre estudantes dos diferentes municipios do Eixo Atlántico e concienciar o estudantado da importancia de vivir nunha eurorrexión.

Para participar no concurso, os grupos escolares deben rexistrarse na ficha de inscrición e presentar unha memoria sobre a cidade da Coruña, incluíndo a descrición do municipio.

Programa ao que pertence

  • Intercambio escolar do eixo atlántico

    Para o ano 2023, os alumnos da cidade portuguesa de Santa María da Feira virán de intercambio á nosa cidade e os alumnos de 5º ou 6º de Educación Primaria da Coruña irán á devandita cidade de intercambio (un grupo cada un).

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión