Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Ábrese do 10 ao 21 de decembro o prazo de inscrición para as visitas escolares e talleres da exposición "Converxencias Arte e Ciencia"

Cando:

3 de decembro de 2018

A exposición desenvolverase no centro Ágora do 21 ao 25 de xaneiro de 2019. As visitas e talleres diríxense a alumnado e profesorado de ESO, bacharelato e FP, e 5º e 6º de educación primaria.

Igaciencia, co finanzamento do Concello da Coruña, quere dar unha benvida ao vindeiro ano achegando unha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnloxía, Enxeñaría, Arte e Matematicas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos  polos.

O enderezo para a inscrición é http://www.igaciencia.eu/, a partir das 9 horas do día 10 de decembro, onde tamén estará dispoñible o calendario de ocupación que se irá cubrindo progresivamente. Os centros do concello da Coruña terán prioridade e, no caso de quedaren prazas libres, abrirase un segundo prazo de inscrición, do 8 ao 11 de xaneiro de 2019, para os centros educativos doutros concellos.

Programa ao que pertence

  • "Converxencias, arte e ciencia". Visitas escolares á exposición e taller

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?