Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Ábrese o prazo de inscrición do 1 ao 15 de febreiro para o Taller de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe 2019

Cando:

30 de xaneiro de 2019

Documentos:

Autorizacion-participacion-de--menores.pdf (54 KB)

Este taller é unha acción formativa coa finalidade de realizar unha gravación dunha curtametraxe en galego duns 6 minutos de duración, como actividade de promoción do "Concurso IX Festival CinEOI Coruña 2019", organizado polo equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas e o Concello da Coruña.

Desenvolverase de febreiro a abril de 2019 na EOI da Coruña e na aula de informática do Ágora, e terá 30 horas de duración:

  • 24 horas teórico-prácticas:
    • os martes e os xoves de 20:00 a 21:30 h, do 21 de febreiro ao 4 de abril, na EOI
    • os sábados 23 e 30 de marzo e 6 de abril, de 11.00 a 14.00 h, na aula de informática do Ágora
  • 6 horas prácticas de rodaxe (data e horario por determinar).

O curso, de carácter teórico práctico, tratará os seguintes contidos cunha metodoloxía participativa:

  • O guión: estrutura, liña argumental, sinopse e tratamento
  • A linguaxe audiovisual: o plano; o encadre, forma e estilo; posta en escena; e o son como elemento narrativo.
  • A cámara: as lentes, a iluminación e a microfonía
  • Iniciación á edición: con Adobe Premiere ou outro programa similar
  • A práctica final: metodoloxía de traballo en equipo e gravación da curta

O taller é voluntario e gratuíto, e poderase inscribir nel a través da ficha específica do 1 ao 15 de febreiro de 2019, o alumnado dos centros educativos que participen nas categorías xeral e xuvenil.

A adxudicación farase por orde de chegada das inscricións. E haberá unha listaxe de espera no caso de que haxa máis solicitantes que prazas.

A lista de persoas admitidas e de espera serán publicadas o 19 de febreiro de 2019.

O "IX Festival CinEOI Coruña 2019" ten como obxectivo promover a creatividade audiovisual en galego, entre o estudantado na categoría xeral, das EOI da provincia da Coruña (da Coruña e Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Escola de Imaxe e Son; a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso; na categoría xuvenil de ESO, bacharelato e FP; e na categoría infantil entre os escolares de 5º e 6º cursos de educación primaria, ambos os dous dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña.

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 ext.: 12038 educacion@coruna.es

  • Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña

Anabel Fernández, coordinadora do festival. Tfno.: 981 279 100 endl.corunha@gmail.com

Programa ao que pertence

  • Concurso IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019

    Acción de dinamización lingüística consistente en impulsar e organizar a participación do alumnado de EP e ESO no festival anual de curtas en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o Concello da Coruña, coa finalidade de promover a creatividade audiovisual en galego.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?