Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ábrese o prazo do 1 ao 15 de febreiro de reserva de praza nos centros de adscrición en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Cando:

1 de febreiro de 2019

Para o alumnado de nova incorporación o prazo de solicitude de adminisión será do 1 ao 20 de marzo

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013), que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, do alumnado en centros sostidos con fondos públicos e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (no que xa está matriculado), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) -que se publica como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017-.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de 2019.

O formulario será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/.

Importante:para o alumnado de nova incorporación o prazo de solicitude de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

Máis información e consulta de dúbidas:

Servizo Territorial de Inspección Educativa, no Edificio administrativo de Monelos, pza. Luis Seoane, s/n. Tfnos.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 inspeccion.coruna@edu.xunta.es

O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión