Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ábrese un novo prazo para cubrir as vacantes nas escolas infantís municipais para o curso 2020-21

Cando:

30 de setembro de 2020

Do 5 ao 9 de outubro poderase solicitar algunha das 93 prazas vacantes nas nove escolas da REIM.

Os criterios de baremación son os recollidos nas bases publicadas no BOP núm. 93 do 23 de xuño 2020 e posteriores modificacións recollidas nos BOP núm. 104 e núm. 122. Pódense consultar na páxina de "Proceso de admisión" desta web.

Para participar nesta convocatoria é requisito non ter formalizada matrícula nunha escola da REIM. As persoas adxudicatarias dunha praza vacante causarán baixa na lista de espera da escula na que figuren anteriormente. Se se encontra en lista de espera en dúas escolas, por mor da nova convocatoria reberá renunciar por escrito a unha delas.

As solicitudes xunto co resto da documentación presentarase no rexistro municipal. No caso de presentar a solicitude por outro medio permitido na Lei do procedemento administrativo, deberá informar o Servizo Municipal de Educación a través do correo electrónico escuelasinfantiles@coruna.es.

As persoas solicitantes que participaron no proceso anterior presentarán a solicitude por rexistro pero non están obrigadas a presentar o resto da documentación exisida, salvo que, de afectar á baremación, se necesite unha actualización dela.

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión