26 de abril de 2024
As persoas admitidas teñen de prazo ata o venres 10 de maio para presentar a documentación requerida
A instrución do procedemento de adxudicación das prazas convocadas para o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XII correspóndelle ao Servizo Municipal de Educación (SME), que recibe as solicitudes e comproba os requisitos esixidos e a documentación acreditativa destes.
Unha vez pechado o prazo de alegacións á "Listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas" o 18 de abril, non se presentou alegación algunha.
Por elo, publícase a seguinte listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XII. Para continuar o proceso selectivo, as persoas admitidas deberán enviar ao correo electrónico educacion@coruna.gal a seguinte documentación, ate o venres 10 de maio:
Os modelos poden atoparse na ficha de inscrición do programa https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/acore/
O SME ten solicitado aos centros educativos do consorcio a documentación das persoas admitidas de cada centro (o certificado do expediente académico e o informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente) para a súa valoración.
Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.gal ou no teléfono 981 184 200, extensión 10259 (en horario de 9.00 a 14.00h).
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible