Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Amplíase o prazo de inscrición no programa Xogos Escolares ata o 19 de novembro

Nesta edición o Concello ofrece nove modalidades deportivas, entre as que se inclúen atletismo, fútbol gaélico ou esgrima

Amplíase o prazo de inscrición para participar nunha nova edición de Xogos Escolares. A data límite para anotarse no programa municipal de torneos dirixidos ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria matriculado nos centros educativos da cidade é o 19 de novembro.

De cara a este curso 2018/2019 a nova edición do programa, a  Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento -que pretende incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento persoal do alumnado dos centros educativos- ofrecerá participar até en nove modalidades deportivas diferentes, como son balonmán, baloncesto, xadrez, tenis, hóckey sala, atletismo, esgrima, rugby e fútbol gaélico -disciplina que unicamente se poderá practicar entre o alumnado da ESO-.

Os Xogos Escolares son gratuítos para as e os participantes, e a inscrición nos mesmos inclúe a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIP da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo, así como persoal acompañante para o equipo que así o solicite. Os torneos celebraranse polas tardes, de luns a venres, en distintos horarios e xornadas, en función da competición e da modalidade. As instalacións deportivas nas que se xogarán os distintos partidos serán as pistas de atletismo do Campus de Elviña, os polideportivos municipais do Ventorrillo, San Francisco Xabier e Sagrada Familia, ademais do Pazo dos Deportes de Riazor, a cidade deportiva de Riazor e o centro especializado de esgrima da Casa da Auga.

O programa desenvólvese en colaboración coa Federación Provincial de ANPA de Centros Educativos e con distintas entidades deportivas da cidade, como son Club Basquet Coruña, Club Balonmano OAR Cidade Vella, Asociación Galega de Axedrecistas, Escola de Tenis Marineda, Escola Hóckey Club, Club Riazor Coruña, Club Coruña Comarca, Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos, Escola Galega de Esgrima, Club de Rugby de Arquitectura Técnica (CRAT) e Fillos de Breogán.

Para máis información sobre os Xogos Escolares  así como realizar a inscrición nos mesmos, até as 23.59 horas do luns 19 de novembro, pódese visitar o web www.coruna.gal/deportes.

Programa ao que pertence

  • Xogos escolares

    Os Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º ciclo de EP ata Bacharelato e FP (media e superior) de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?