Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arrinca a fase de concurso de vídeos do proxecto Imaxina Coruña

Cando:

10 de maio de 2022

Desde o martes 10 e ata o xoves 13 de maio poderase votar a través da canle de YouTube dos Museos Científicos Coruñeses

Comeza a fase de concurso de vídeos do proxecto Imaxina Coruña. Concursan estes traballos:

Biopen: https://youtu.be/VNOIglsb0RE

Ecolarre: https://youtu.be/btA3v8AFbtY

Plásticos Biodegradables: https://youtu.be/1E_GqgHu1T4

Desde o martes 10 e ata o xoves 13 de maio estarán dispoñibles na canle de YouTube dos Museos Coruñeses, e o público poderá votar cun like.

O gañador da votación popular será premiado cun estabilizador. O resultado darase a coñecer o 18 de maio.

Programa ao que pertence

  • Concurso Imaxina Coruña 2021-22

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre os alumnos e alumnas de secundaria.

    A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión