Concello da Coruña

Concello da Coruña

As actividades da Coruña Ambiental comezan o 7 de xaneiro

Cando:

10 de decembro de 2019

Poderase inscribir nos programas e actividades do servizo municipal de Medio Ambiente desde o mércores 11 de decembro ao venres 31 de xaneiro

Aquí podes consultar a oferta de programas e actividades do servizo municipal de Medio Ambiente.

Posibles variacións

A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só se realizará acordada coas persoas destinatarias; que serían consultados coa debida antelación.

Programa ao que pertence

  • "Veo, veo" 2020-2021

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas en que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, en que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubriren as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que as cidadás e cidadáns omprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

    Máis información
  • O aire que nos rodea 2020-2021

    A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica até tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; mais tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

    Máis información
  • Enerxía e cambio climático 2020-21

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión