Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así se desenvolveu a actividade nas redes sociais municipais na primeira semana de maio

Cando:

8 de maio de 2020

Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa

Esta semana anunciamos que a partir do vindeiro luns restablécese o prazo de presentación de solicitudes do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21.

Respecto do programa Xaque ao virus, esta semana o alumnado do CEIP Salgado Torres ofreceu unha demostración de bo humor. E a recoñecida poetisa Yolanda Castaño tamén se sumou á cadea de agradecemento pola xestión e o bo facer durante a crise do coronavirus. 

Grazas ao Itinerarios Virtuais puidemos percorrer as prazas da cidade sen saír da casa. No seu blog pódense consultar todas as actividades que están a levar a cabo. 

E continuamos coa presentación de artistas no marco da Nosa Arte en Corentena. Desta volta puidemos coñecer a Fernando Pereira, Fernando Prieto, Emilio Celeiro e Xoti de Luis

Nas demáis canles municipais

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) presentou a Aula Galicia Aberta, obradoiros de folclore tradicional galego en liña, de carácter público e gratuíto. E invitou a participar nun concurso de historias sobre os nosos maiores e no xogo Europa En Casa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión