Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Así se desenvolveu a actividade nas redes sociais municipais na última semana

Cando:

18 de maio de 2020

Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa

Anunciamos a cancelación do programa Idiomas do Mundo por mor da situación provocada pola COVID19. 

Os educadores de Xaque Ao Virus dos CEIP Manuel Murguía e Salgado Torres organizaron una sesión virtual de contacontos e confirmouse a boa acollida por parte das familias no programa. 

Respecto dos Itinerarios Virtuais, a semana pasada fíxose unha achega á "Cidade de Cristal". 

Finalmente, no apartado da Nosa Arte en Corentena, presentámosvos aos artistas Anne Heyvaert, Xurxo Gómez, Xurxo Lobato e Luis Gabú

Nas demáis canles municipais

Os Museos Coruñeses presentaron unha nova sesión de Planetario en casa, desta quenda, a búsqueda da Estación Espacial Internacional

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) promocionou a Escape Room dixital das Letras Galegas 2020, un xogo de pistas e códigos cos que ir descubrindo a vida e obra de Carvalho Calero. 

E, neste senso, as Bibliotecas Municipais levaron a cabo diferentes alternativas para #DesconfinarALingua na semana das Letras Galegas. Velaquí un exemplo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión