Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así se desenvolveu a actividade nas redes sociais municipais na última semana

Cando:

22 de maio de 2020

Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa

Na última semana deuse a coñecer a oferta municipal de Campamentos de verán para este 2020, difundiuse a oferta académica da UDC para o vindeiro curso e púxose en marcha o procedemento de participación no Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos público. 

Respecto dos Itinerarios Virtuais, esta semana fíxose unha achega ao Pazo municipal e coñecéronse os datos de acollida do programa na súa versión dixital.

En canto ao programa Xaque ao Virus, esta semana contouse coa participación da cantante Wöyza e a Banda da Loba

Finalmente, no apartado da Nosa Arte en Corentena, presentámosvos aos artistas Manuel Patinha, Ali Ali e Santy Gutiérrez.

Nas demáis canles municipais

Os Museos Coruñeses presentaron unha nova sesión de Planetario en casa, desta quenda, para non perder o norte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión