18 de xuño de 2024
Entre outras actividades, practicouse patinaxe
Os centros nos que se celebrou esta actividade de peche foron os CEIP Manuel Murguía, San Francisco Xabier e San Pedro de Visma.
A Coruña Tardes é un programa de actividades extraescolares do Concello da Coruña, organizadas pola Federación Provincial de ANPAS de centros públicos, que vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos centros públicos do concello. Desenvólvese en horario de luns a venres, de 16.00 a 18.00 horas e consta de 3 subprogramas: Arte e cultura no centro; Deporte no centro e Idiomas no centro.
No curso 2023/24, participaron 2.359 escolares de 25 centros, en 34 actividades, organizados en 160 grupos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible