Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas CANADA 2022-23: Publicadas as relacións definitivas de alumnado seleccionado, en listaxe de agarda e excluido

Cando:

20 de maio de 2022

O luns 23 de maio, ás 18:30 h., no CCM Os Mallos, haberá unha reunión informativa coa empresa encargada de xestionar o programa á que teñen que acudir as persoas seleccionadas

ACEPTAR A PRAZA E XESTIÓN DA LISTAXE DE AGARDA

Unha vez publicada a resolución definitiva, as persoas seleccionadas disporán dun prazo de 5 días hábiles para a súa aceptación (do 23 ao 27 de maio), que deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Transcorrido o dito prazo, sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico á seguinte dirección do SME (educacion@ coruna.gal) dentro do prazo de aceptación.

As persoas participantes, incluídas na listaxe de agarda, substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.

REUNIÓN INFORMATIVA

O luns 23 de maio, ás 18:30 h.,  haberá unha reunión informativa no CCM Os Mallos, coa empresa encargada de xestionar as bolsas.

Debe acudir a esta reunión todo o alumnado que aparece na listaxe de persoas seleccionadas e recoméndase que tamén acudan as persoas que ocupan os cinco primeiros postos da listaxe de agarda.

O máximo de persoas por familia que poden acudir son tres, entre elas debe de estar a persoa seleccionada e un dos proxenitores.

As familias que non teñan dispoñibilidade para acudir á reunión ese día, poden comunicarllo é empresa para axendar outra data para o encontro.

EMPRESA

A empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa é LANGUAGE KINGDOM.

A partir do venres 20 de maio porase en contacto vía email coas persoas seleccionadas, polo que agradecen que estean atentos aos correos recibidos na bandexa de entrada e na de spam desde: BECAS@LKIDIOMAS.COM

En caso de dúbidas, poden contactar coa empresa a través do teléfono +34 637 84 98 94 - Helena.

Programa ao que pertence

  • Bolsas CANADÁ 2022-23

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Bolsas CANADA 2022: Listaxe definitiva de persoas seleccionadas, en espera e excluídas (794 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión