15 de abril de 2019
A publicación escolar é o resultado do traballo dos alumnos e alumnas do centro que participan no programa Luditarde
Os alumnos e alumnas do CEIP Ramón de la Sagra elaboraron a revista Brigantium, no marco do programa Luditarde.
Este programa , baixo o principio e a pedagoxía do lecer e o xogo, realiza actividades relacionadas con temas transversais (educación viaria, para a paz, para a saúde, ambiental, cívico, ...) ou dalgunha situación relevante, a partir das cales se desenvolven as áreas de contidos: animación á lectura, animación teatral, lóxica matemática-xadrez, expresión artística, musical, actividades motrices e /ou deportivas e novas tecnoloxías.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible