17 de xaneiro de 2025
O acto estivo presidido pola concelleira de Benestar Social, dona Nereida Canosa, e durante o acto fíxose entrega de diplomas e agasallos aos participantes no Certame.
O día 15 de xaneiro tivo lugar nas instalacións do Centro Cívico do Castrillón a Clausura da Exposición dos traballos do Certame de Fotografía e Debuxo que as entidades que forman parte da Plataforma pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Castrillón - Urbanización Soto "PICUS " organizan con motivo da conmemoración do "25N Día contra a Violencia de Xénero" baixo o lema "Pola Convivencia sen violencia".
O acto estivo presidido pola concelleira de Benestar Social, dona Nereida Canosa, e durante o acto fíxose entrega de diplomas e agasallos aos participantes no Certame.
Carricanta participou cunha vistosa proposta plástica de cada aula.
Destacar a gran contribución á exposición por parte do alumnado do CEIP Juan Fenández Latorre, a organización por parte da AAVV Iar Urbanización Soto e a dirección do Centro Cívico do Castrillón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible