Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concertos didácticos: "Música e Tradición"

Cando:

27 de novembro de 2020

A historia dos instrumentos musicais na prehistoria

Rosa Sánchez e Pablo Carpintero son músicos, investigadores e artesáns. Teñen deseñado un concerto didáctico baseado nas súas averiguacións nos últimos 30 anos de traballo de campo, na experiencia de Pablo como biólogo e no estudo da historia dos instrumentos musicais na prehistoria. Trátase dun concerto que conta unha historia dalgúns aspectos da evolución musical da humanidade a través da vida e desenvolvemento musical dunha nena e dun neno galegos na nosa sociedade tradicional. 

En 70 min explícase a evolución biolóxica da nosa especie empregando a semellanza co noso desenvolvemento dende nenos a adultos. Tócanse temas como a selección natural e sexual, as diferenzas entre sexos en canto á música, a importancia das sociedades matriarcais, a orixe da música na nosa especie e a súa utilidade dentro do proceso evolutivo e en diferentes aspectos das nosas cultura (mediciña, ritos, cohesión social, etc.).  

No concerto empréganse 43 instrumentos musicais tradicionais galegos diferentes, escollidos entre os máis de 165 distintos que documentamos en Galicia (recollidos no libro "os instrumentos Musicais na tradición Galega" ou nesta web do consello da cultura: http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/). 

No concerto tamén explícanse a nosa teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais humanos, derivada das nosas observacións dos instrumentos galegos, da súa comparación cos instrumentos achados nas excavacións arqueoloxicas e do seu uso polos pequenos e pequenas galegas.

Podedes coñecer algo máis sobre este concerto nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=OYRQ332IFbg

Cronograma

CEIP WENCESLAO FDEZ. FLÓREZ

  • MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO: 5º A 9:45-11:15. 
  • LUNS 30 DE NOVEMBRO: 6º A 9:45- 11:15
  • MÉRCORES 2 DE DECEMBRO: 5º B 10:30- 12:00 
  • VENRES 4 DE DECEMBRO:6º B 10:30-12:00 

CEIP JOSE CORNIDE SAAVEDRA

  • XOVES 10 DE DECEMBRO 11-12:30

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

  • MARTES 24 DE NOVEMBRO
  • XOVES  26 NOVEMBRO
  • VENRES 27 NOVEMBRO

CEIP MARIA PITA

  • 3 DE DECEMBRO 10:30-12
  • 9 DE DECEMBRO 10:30-12
  • 11 DE DECEMBRO 10:30-12

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión